O CD As Pontes comezou este mércores a pretemporada no ano do seu regreso á máxima categoría do fútbol galego, a Terceira División, nun acto que contou coa presencia do presidente do clube, Xaime Castro, o Concelleiro de Deportes, Chicho Tembrás, e o resto da directiva.
Categoría na que estivo en 1964-65, 1966-68, 1984-87, 1993-95, 1998-2002, e 2010-17, nun total de 19 tempadas cumprindo nesta a vixésima. Foi campión nos tempos do Endesa, na 1986-87 e na 1994-95.
Faino con doce xogadores da campaña pasada, o porteiro Paco, os defensas Alex, Sánchez, Rivas, os medios Dani, Fidi, Pardo, Quique, e o dianteiro Carlos.
Tamén continuan do derradeiro tramo da tempada pasada os ex xuvenís ponteses do Ural, cuarto clasificado de División de Honra, os irmáns Daniel e David Pájaro, e da mesma categoría viñera o lateral Alberto Rodríguez, do Racing. Suben do xuvenil pontés de Liga Galega os defensas Breijo e Otero.
O clube fixo neste verán seis fichaxes. Chegan os experimentados, defensa, Marcos Caridad, do Bergantiños, os medios, Gonzalo García, do Somozas, e David García, do Laracha, e tamén o porteiro Javi Liz, do filial do Lugo.
Tamén se contratou a dúas xoves promesas, como son o defensa Iván Pérez, da canteira racinguista, e o dianteiro Juan Cambón, tamén procedente do Ural. Farán a pretemporada co primeiro equipo os xuvenís, Brais, Chema, Vilela e Edgar.
O clube ten casi perfilado o seu plantel con estes 20 xogadores, aínda que non se descarta a incorporación dun extremo nas próximas semanas.
Nova cortesía de Xose Ferreiro