PRESENTACIÓN DO EQUIPO FEMININO DE CARA Á TEMPADA 2011-12

O equipo feminino do CD As Pontes presentouse este xoves día 11 ás 20 horas de cara á que será a súa cuarta tempada desde a súa creación, militando na Segunda Autonómica do fútbol feminino galego.
Estiveron presentes na mencionada presentación deste pasado xoves e polo tanto continuarán neste curso Leti, Jani, Carlota, Alba Romero, Silvia, Candela, Laura Permuy, Andrea Cabarcos, Chipy, Noelia, Andrea Pita, Lía, Mireia Cabarcos, Clara, Carliña, Yaiza, a gran delegada Emma e a “gran fichaxe” para esta temporada, coa recuperación tras varios meses de lesión da gran capitana Patri Dopico. Tamén continuarán dúas das habituais titulares indiscutibles do equipo, Lara e Lau, mentres que tamén se espera que siga a polivalente Alba. Como novidade salientar a presenza da porteira de Somozas Sara Guerreiro. Das que xogaron o ano pasado algún partido co primeiro equipo tamén se espera que continúen Uxía, Eloise, Patri Rochela, Nato e Antía. Non seguen Janira, Sabela, Natalia e Cristina Moirón.
feminino_1.jpg


O equipo seguirá adestrado por Salido e Pita e competirá este ano nunha disputada Segunda Autonómica contra os descendidos de Primeira Melide e Dubra, continuarán Monte Forte, Pastoriza, Milagrosa, Silleda, Tordoia e San Tirso, ademáis dos novos, Chantada, Rúa, Villestro e Orzán C.
As cativas comezarán a Liga o 4 de Setembro recibindo ó Monte Forte e rematarán o 4 de Marzo, xusto medio ano despois, recibindo tamén ó Tordoia.
feminino_1.jpg
feminino_1.jpg
feminino_1.jpg
feminino_1.jpg
feminino_1.jpg
feminino_1.jpg
feminino_1.jpg
feminino_1.jpg
feminino_1.jpg
feminino_1.jpg
feminino_1.jpg
feminino_1.jpg
feminino_1.jpg
feminino_1.jpg
feminino_1.jpg
feminino_1.jpg
Nova cortesía de AF, Xose Ferreiro e Carliña.

También podría gustarte
Comentarios