O Esteo Xuvenil de fútbol sala logrou este domingo á noite nun Pavillón Municipal ateigado de espectadores o título de Liga tras impoñerse ao Parrulo de Ferrol por 2 goles a 1.
Nun encontro moi igualado, mediado o segundo tempo, un Esteo ao que lle valía o empate, puxo terra de por medio con dous tantos consecutivos de Sergio Cabarcos e Eloy Pita.
Co xogo de 5 para 4, tras unha falta pola escadra recurtaron os ferroláns por medio de Antón, pero xa sen tempo para máis o Esteo celebrou o título de Liga.
A falta dunha xornada, na que O Esteo descansará, os ponteses son campións matemáticamente con 32 puntos, con pleno de dez triunfos e apenas dous empates.
O Parrulo B 25, Narón Futsal 19, Cidade de Narón 16, Pontedeume 16, e pechan Caranza e A Solaina con 3.
Xogaron polos de Manuel Sánchez, Alejandro Romero, Diego, Sergio, Eloy, Antonio; Joan, Daniel, Antón, Manuel e Alejandro Leal.
Nova cortesía Xose Ferreiro
Nova cortesía Xose Ferreiro