Primeiro triunfo do As Pontes Xuvenil nesta campaña e non puido facelo nun mellor marco, nun derbi, e con triunfo rotundo, 5-1, tantos de Anxo Blanco (2), Iván Golpe, Carlos Villasuso e Iago Blanco.
Son décimos con 5 puntos tralos empates ante Victoria B (1-1) e Orillamar (2-2), e a derrota ante o Calasanz B (2-1). Próxima visita ao Burela, quinto con oito puntos.
O equipo dirixido neste encontro por Cecilia González Alvariño formou con Joel, Israel, Bruno, Sergio, Destaw, Carlos, Mateo, Diego, Anxo, Xandre, Iván, e despois entraron Manuel, Iago, Tadios e Antonio.
Nova cortesía Karlos Basoa
Nova cortesía Karlos Basoa