Amigus
As Pontes

PRIMEIRA REXIONAL. CD AS PONTES 1 – ORILLAMAR SD 2.

Partido este domingo á tarde no Poboado

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Triste derrota do As Pontes no partido disputado este domingo soleado á tarde no Poboado por 1-2.

Os coruñeses, que se poñen segundos, marcharon 0-1 ao descanso, e ao pouco do reinicio fixeron o 0-2, pero Rafael recurtaba distancias para os de Fran Caínzos.

Nos últimos minutos, con máis corazón que cabeza, atacou o As Pontes, que tivo nunha cabezada de Xoel unha gran ocasión que o porteiro salvou con un paradón.

Xa no desconto era un gol dubidoso anulado a Rafael o que deixou coa mel nos beizos ao público local, e ao propio Rafael, pois era o seu xexto tanto consecutivo, en tres partidos.

Toca seguir remando e décimos con 27 puntos nunha zona baixa axustadísima, próxima complicada visita ao Olímpico de Rutis, quinto.

Xogaron Cristian, Samuel, Óscar, Rafael, Jandro (Javi 75´), Hugo (Cayetano 65´), Daniel, Elías (Xoel 75´), Xandre, Israel (Caamaño 75´), Bruno (Cobas 55´).

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios