Este domingo á tarde xogaban As Pontes e Torre no partido correspondente á 14ª xornada, e pronto comezaban adiantándose os locais por medio de Rafael, pero preto do descanso era o ex internacional español sub16 do 2008, o ex deportivista Alex Pérez, o que establecía a igualada antes de chegar ao descanso.
Na segunda metade os visitantes tiveron varias ocasións claras, algunhas salvadas por Cristian, e os locais tamén tiveron ás súas, pero nun partido con moitas baixas defensivas acabaron dando por bo o punto milagreiro.
Décimo segundos con 17 puntos próxima visita ao Relámpago, décimo sexto con 14. Xogaron polos de Fran Caínzos; Cristian, Criado, Óscar, Rafael, Xoel (Villasuso 69´), Jandro (Javi 84´), Caamaño (Alexandre 69´), Daniel, Xandre (Manuel 90´), Israel (Elías 46´), Bruno.
Nova cortesía Xose Ferreiro
Nova cortesía Xose Ferreiro