Partido complicado o vivido este sábado á noite no Pavillón Municipal, onde a pesar de visitar As Pontes un dos pechacancelas da clasificación, puxo o partido moi costa arriba aos locais, que agradecen rescatar un punto, e que un rival directo non sumara tres a domicilio.
Ao descanso marchouse 0-2 co doblete de Saúl pese ás intentonas locais, pero no segundo período anotaron Jandro, Cokito e Naveira, dando a volta ao marcador. Magoa que Sergio preto do final estableceu o empate e reparto de puntos definitivo co 3-3.
Non puido o Esteo facer o pleno de seis puntos en sete días contra os dous pechacancelas asturianos, pero décimos con 18 puntos aínda conservan cinco sobre o descenso que marca o Juventud del Círculo. Malo que rematan a primeira volta e o 2024, visitando ao Albense, segundo, e recibindo ao líder Benavente.
O ESTEO FS. Regueira, Asier, Naveira, Matos, Caínzos – Cokito, Sergio, Lukas, Jandro, Troncho, Adrián.
LA ISLA DE SIERO FS. Daniel, Adrián, Alexis, Iván, Manel – Mateo, Sergio, Marcos, Enol, Saúl.
GOLES. 0-1, Saúl (6´), 0-2, Saúl (17´). 1-2, Jandro (28´), 2-2, Cokito (29´), 3-2, Naveira (34´), 3-3, Sergio (36´).
Incidencias. Amarelas a Jandro, Lucas, Manel, Saúl, Mateo. Uns 125 espectadores no Pavillón Municipal.
Nova cortesía Xose Ferreiro
Nova cortesía Xose Ferreiro