Partido, aprazado no seu día, moi igualado o desta mañá no Evaristo Puentes, entre As Pontes e Orzán, e pese a que as visitantes se adiantaban con dous tantos de Sasha Abigail, que anotou un hat trick, as azuis empataron antes do descanso cun tiro de Ángela que entraba polo primeiro pau, e un disparo de María dende fóra da área por riba da porteira.
Trala reanudación as coruñesas voltaron a poñerse con dous goles de ventaxa, e pese a que Ángela recurtaba distancias, e as intentonas nos últimos minutos, as azuis non lograban o que sería un valioso empate, e rematan a primeira volta oitavas con 7 puntos antes de visitar ao colista Torre na derradeira xornada previa ao Nadal.
Xogaron polas do tándem Iván-Alberto; Alicia Fontao, Rocío Cal, Andrea Martínez, Alejandra Criado, Sara Santalla, Martina García, Ángela Pena, Alejandra Teijeiro, Mari Jose Otero, Enma Gónzalez, Mariana Fernández; Afolarin Amosu, Elena López, Noa Pérez-Sendin, Sofía Varela e Lía Giz
Nova cortesía Xose Ferreiro
Nova cortesía Xose Ferreiro