PRIMEIRA NACIONAL B DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS – PIZARRAS TRES CUÑADOS (3-2)

O Esteo pontés despediuse da súa afección cunha vitoria pola mínima (3-2) ante o Pizarras 3 Cuñados, de Valdeorras. Uns 150 espectadores nas gradas do pavillón municipal da Fraga.
A visita do pechacancelas da categoría, Pizarras 3 Cuñados, facía pensar nunha cómoda e folgada vitoria dos ponteses. O resultado final e o sucedido na pista foi todo o contrario, pois aínda que o Esteo comezou dominando con claridade, moita posesión de balón e creando ocasións de gol, tan só nos primeiros vinte minutos subiron dous tantos ó marcador por mediación de Diego e Gerardo. Na segunda parte os valdeorreses presionaron máis o que dificultaba as saídas dos locais e así no minuto tres Delin acurta diferenzas no marcador, pero un minuto despois o Esteo volvía a marcar por obra de Pelu nunha perfecta volea. A partir de aquí houbo ocasións para as dúas porterías e a falta de seis minutos para o final Delin poñía un inquietante 3-2. Por se isto non fora pouco, a tres minutos do remate é expulsado por segunda amarela o local Rubi, deixando ó seu equipo en inferioridade durante dous minutos. Os ponteses defenderon ben os continuos ataques dos de Valdeorras, que nese tempo fixeron a táctica de porteiro-xogador. Incluso nos instantes finais Noé puido incrementar o marcador, pero fallo o dobre penalti.
O Esteo ocupa a terceira posición con 42 puntos, os mesmos que ten o Grupo Junquera, que é segundo. Na derradeira xornada de liga os ponteses xogan na pista do Vilamartin de Valdeorras, onde, para conservar a terceira praza, debe cando menos acadar un empate.


O ESTEO FS: Javichu, Gerardo, Fran, Noé, Rubi –cinco inicial- Santi, Diego, Pelu e Roi.
PIZARRAS 3 CUÑADOS: Borja, Jesús, César, Cristian, Delin –cinco inicial- Novo, David, Alejandro, José e Bruno.
ÁRBITROS: Paz Fraga e Fiaño López, da Coruña. Expulsaron, por dobre amarela, a Rubi, do Esteo. Tamén foron amoestados Javichu, Pelu, Jesús, Alejandro e Bruno.
GOLES: Min. 11 (1-0), Diego. Min. 14 (2-0), Gerardo. Min. 23 (2-1), Delin. Min. 24 (3-1), Pelu. Min. 34 (3-2), Delin.
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios