PRIMEIRA NACIONAL B DE FÚTBOL SALA: RIBEIRA FS – O ESTEO FS (4-8)

Escudo-O-Esteo.jpgLogo de dúas derrotas consecutivas, o Esteo atopouse de novo coa vitoria ó impoñerse na sexta xornada de liga ó Ribeira por un claro 4-8. Medio cento de espectadores no polideportivo municipal da Pontenova, onde disputa os seus encontros o conxunto de Ribeira de Piquin.
Despois de dous partidos perdidos o Esteo sumou tres puntos na súa visita a A Pontenova, onde gañou con claridade ó Ribeira de Piquin, nun choque que comezou igualado, pero que segundo ían pasando os minutos o dominio pasou a ser dos ponteses que acosaron con máis intensidade a portería local, pero sen que o marcador se movera, de aí que se chegara ó descanso co resultado inicial de empate a cero goles. Na segunda parte a cousa cambiou e o Esteo saíu decidido a pola vitoria, que deixou sentenciada a falta de dez minutos para o final, cando o marcador rexistraba un contundente 2-8. No tramo final os ponteses relaxáronse un pouco o que propiciou que os lugueses anotaran dous tantos máis para establecer o definitivo resultado de 4-8.
Na vindeira xornada, domingo 7 (12,00h), partido de rivalidade contra o Begasucegsa-Unidade Fene, equipo que nesta xornada gañou con apuros ó colista Tres Cuñados (4-3).


RIBEIRA FS: Dani, Quique, Fran, Iago, Jordi –cinco inicial- Donino, Aarón e Víctor.
O ESTEO FS: Ito, Santi, David, Gerardo, Rubi –cinco inicial- Noé, Diego, Pellón, Anxo, Roi e Pelu.
ÁRBITROS: Álvarez López e Gómez Arias (Lugo). Tarxeta amarela ós locais Jordi e Víctor.
GOLES: Min. 21 (0-1), Noé (penalti). Min. 22 (1-1), Iago. Min. 23 (1-2), Rubi. Min. 25 (1-3), Anxo. Min. 26 (1-4), Santi. Min. 27 (1-5), Noé. Min. 28 (2-5), Jordi. Min. 33 (2-6), Gerardo. Min. 34 (2-7), Noé. Min. 35 (2-8), Roi. Min. 36 (3-8), Jordi. Min. 39 (4-8), Donino.
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios