PRIMEIRA NACIONAL B DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS – BEGASUCEGSA FENE (2-3)

O conxunto de Fene levouse os tres puntos do derbi comarcal ó gañar en As Pontes ó Esteo por 2-3. Partido xogado na mañá do domingo no pavillón municipal da Fraga ante uns 200 espectadores. Ó descanso o marcador rexistraba empate a un gol.
Non tivo o seu día o Esteo no choque de rivalidade comarcal contra o Begasucegsa de Fene, conxunto que soubo aproveitar a súas oportunidades e defendeuse moi ben ó longo de todo o partido, mentres que o cadro pontés non estivo nada fino de cara á portería contraria. A primeira metade estivo moi igualada cun Esteo que controlaba o balón e os feneses esperaban atrás para saír á contra. O primeiro gol tardou en chegar, sería ós trece minutos de xogo por mediación de Santi. Dous minutos máis tarde empataban os visitantes por obra do seu mellor xogador, Gerveno. Na segunda parte o Esteo saíu a por todas e volvía a poñerse por diante no marcador tralo gol de Rubi. Sen embargo, pouco durou a alegría no cadro pontés, xa que dous minutos máis tarde Queco empataba de novo e dous minutos despois Gerveno estableceu o 2-3, resultado co que se chegaría ó remate do encontro, xa que ó Esteo faltoulle a puntería doutras ocasións e enfronte atopouse cun Unidade Fene que soubo defenderse ben e sacou proveito das súas oportunidades. Con este resultado o Esteo descólgase das primeiras posicións e o Fene ve aliviada a súa situación na clasificación.
esteo_001.jpg


O ESTEO FS: Ito, Gerardo, Noé, Rubi, Diego –cinco inicial- Santi, David, Fran e Pellón..
BEGASUCEGSA FENE: Alberto, Gerveno, Queco, Rego, Peque –cinco inicial- Borja e Samuel.
ÁRBITROS: Ruano Melón e Martin Vez, de Ferrol. Amoestaron a Rego e Borja, do Fene.
GOLES: Min. 1 (1-0), Santi. Min. 15 (1-1), Gerveno. Min. 22 (2-1), Rubi. Min. 24 (2-2), Queco. Min. 26 (2-3), Gerveno.
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios