Amigus
As Pontes

PRIMEIRA TERRITORIAL GALEGA. CR FENDETESTAS AS PONTES 19 MURALLA RC DE LUGO 10

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O Fendetestas gañou este domingo un partido vital para as súas aspiracións de manterse arriba no seu retorno á liga autonómica.
Logo da profunda reestruturación do equipo, que semella comezar unha renovación que lle era moi necesaria, o equipo verde estaba a ter moitos problemas para adaptarse á nova categoría.
Así se demostrou coas dúas derrotas consecutivas diante de Gallaecius de Santiago, e Ourense.
Agora chegaba un Muralla, de Lugo, que este ano conta cunha plantilla para ascender, pero non acaba de arrancar.
Os ponteses foron quen de vencer a un equipo que paga a ansiedade por uns resultados que non chegan, e fixérono superando unha nova xornada con moitas baixas.
fendetestas_001.jpg


A falla de xogadores como Rafa, Gallardo, ou Sergio restaba poderío á dianteira nun choque diante dun equipo que basea o seu xogo no paquete.
Nestas condicións, os ponteses tiveron que imprimir unha forte presión ó xogo en curto para evitar a proxección dunha dianteira que con dinamismo facía moito dano.
Con présas por sacar o balón á tres cuartos, o estado do terreo de xogo e as condicións climatolóxicas non axudaban e o apertura local tivo que apostar polo xogo ó pé.
A táctica funcionou e o Fendetestas xogaba en campo rival evitando o perigo lucense no xogo dos dianteiros, que tiñen sempre moito campo por diante.
A eiva estivo na falla de efectividade na 22 local, que impedía sair con puntos.
Afortunadamente Kiko si estivo acertado a paus, e dous golpes de castigo puñan o 6-0 no marcador.
Unha boa combinación da tres cuartos subía a primeira marca e puña un 13 -0 que daba xa tranquilidade ós da casa.
A relaxación estivo perto de custarlles cara, pois o Muralla dominou os 10 últimos minutos desta primeira entrega e pechounos perto da súa zona de marca.
Foi suficiente, con dúas boas accións de posesión para acadar dous ensaios case consecutivos, xogando moi a ras do paquete para irse ó descanso coas diferencias máis axustadas, cun 13- 10.
Aprendería a lección o Fendetestas, e na segunda parte evitou as agrupacións empregando o pé para meter o balón en campo contrario ós amarelos. Ahí si arriscaba na posesión e sacou tres novos golpes de castigo dos que Kiko transformou dous, poñendo o 19-10 que aseguraba a victoria cun colchón dun ensaio, e evitando que o rival puidese facer bonus.
Uns arreóns finais do Muralla, sorprendendo co xogo na liña, que ata daquela non explotara obrigou ó Fendetestas a un grande traballo coa última cortina que resolveu ben malia contar cos “novatos”, Robert e Mini Paco.
De calquera xeito estab a máis perto o ensaio local có visitante, e tan só os problemas na melé impediron que se sacase partido de algunhas situacións finais que puideron poñer a puntiña.
Ó final victoria moi traballada para un Fendetestas que o sábado visita ó Vigo que varía moito o seu nivel segundo os xogadores que “baixe”, do primeiro equipo de División de Honra.
Xogaron Paco (Mini Paco 75´), Moncho (Xose 55´), Toño, Rayito, Miguel, Lois, Barbas, Bardaos, Kiko, Frecha, Robert, Antón, Álvaro,Alberto, e Huesy.
fendetestas.jpg
fendetestas.jpg
fendetestas.jpg
fendetestas.jpg
fendetestas.jpg
fendetestas.jpg
fendetestas.jpg
fendetestas.jpg
fendetestas.jpg
fendetestas.jpg
fendetestas.jpg
fendetestas.jpg
fendetestas.jpg
fendetestas.jpg
fendetestas.jpg
fendetestas.jpg
fendetestas.jpg
fendetestas.jpg
fendetestas.jpg
fendetestas.jpg
fendetestas.jpg
fendetestas.jpg
fendetestas.jpg
fendetestas.jpg
fendetestas.jpg
fendetestas.jpg
fendetestas.jpg
fendetestas.jpg
fendetestas.jpg
fendetestas.jpg
fendetestas.jpg
fendetestas.jpg
fendetestas.jpg
fendetestas.jpg
fendetestas.jpg
fendetestas.jpg
fendetestas.jpg
Nova cortesía de Xóse Cendán e Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios