PROGRAMA O TEATRO VAI Á RÚA. Teatro para toda a familia

TEATRO_RUA.jpg


SÁBADO 14 DE MAIO
Durante este día contaremos cunha nova xornada de teatro pero nesta ocasión na rúa. Este día poderemos disfrutar de tres representacións dirixidas a tódalas idades, comezando ás 17.30h cunha obra para público infantil e de seguido dúas obras para disfrutar en familia.
17.30h O CATRE os contos ( teatro infantil de pés)
lugar: Parque campo da feira
Esta obra da compañía pontesa foi posta en escea en máis de 20 ocasións por toda Galicia . Dela hai que destacar unha especial forma de representación, nos que as persoaxes dos contos de branca neves e a Bela durminte están encarnados por pes.
19.30h BUCANERO TEATRO il ritorno. Este non é o título
lugar: diante da casa do Concello
A compañía Bucanero estivo en distintas ocasións no noso concello, de todas elas podemos recordar os bos ratos pasados no auditorio.
O sábado 14 vai estar na rúa cun espectáculo no que se trata a historia da evolución con “vis” cómico.
20.30h Q+TEN TEATRO traballe e imaxinación
lugar: diante da casa do Concello
Pechará a xornada outra compañía pontesa que ten xa no seu haber tres obras de teatro cheas de éxitos dentro e fora da nosa localidade. Nesta ocasión contaremos coa súa primeira obra na que a traves sketchs cun denominador común amosan o mundo do traballo.

También podría gustarte
Comentarios