PROMOCIÓN DE TERCEIROS. UD ATIOS 0 – CD AS PONTES 0

Decidirase todo na volta en O Poboado

O As Pontes empatou a 0-0 na súa visita a Porriño, nun encontro no que foi mellor no segundo tempo, pero todo se decidirá no Campo do Poboado.

O cadro local contaba coas baixas de Besada, Lucas, e Cristian, que estarán dispoñibles para a volta, pero non así Estefan e o pichichi Joni, que viron hoxe amarela, o que lles acarrea suspensión.

Idéntica situación para o equipo pontés, que recuperará a Alex Cabarcos, tras cumplir castigo de tres partidos, pero non é seguro que se poida contar con Bossa, que se retirou mancado.

No día de hoxe o Compostela perdeu 2-0 en Terrasa e o Vilalbés empatou 1-1 co Levante B. Tamén, na eliminatoria de cuartos o Ribadeo aiantouse 1-0 ante o Estradense.

Xogaron Paco, Criado, Ramos, Rego, Maroñas, Dani, Martínez, Bossa (Quique 28´), Toni, Fidi (Troncho 77´) e Pardo (Iglesias 68´).

Nova cortesía Xose Ferreiro. Fotos cortesía Pepe Pena.

También podría gustarte
Comentarios