O BNG pretende dous fins principais neste tema
1º) Denunciar a actitude do goberno municipal das Pontes (PSOE), que nestes máis de dous anos que leva no goberno non aportou ningunha idea concreta, nin fixo xestión algunha, para poñer en valor o lago-escombreira, salvo facer unha excursión a Alemania con algúns presidentes de asociacións para ver un lago semellante xa rematado. Tamén boicoteou tódalas propostas que en Pleno lle fixemos como oposición e nos que tratábamos de chegar a acordos razonábeis.
2º) O fin principal do BNG neste tema, tendo en conta o enorme potencial do lago-escombreira, é tratar de informar a xente das Pontes das posibilidades desta área, que ben xestionada pode representar un gran beneficio para os veciños deste Concello no futuro.
Para elo, hai que seguir unha serie de pasos, que se tiñan que estar xa acometendo:
a) Definir a propiedade desta área, a nosa proposta é que se ten que facer cargo dela, un organismo con maioría pública, do que ten que formar parte en principio a Xunta, Endesa e o Concello das Pontes.
b) Seguimento do anteproxecto que está executando Endesa, para ver si se adecúa ó especificado e definido pola Consellería de Medio Ambiente. Estudio detallado das solicitudes de licencias e/ou proxectos na zona de actuación. Parécenos que algunhas obras que se están executando, tal como a instalación de liñas aéreas eléctricas, pode condicionar os fins que no futuro se pretendan acometer.
c) Realización dun proxecto definitivo, que se ten que expoñer publicamente e ó que poden facer alegacións e suxerencias tódolos partidos, asociacións, e veciños das Pontes en particular, é dende logo, a famosa comisión de expertos, da que se falou en varios Plenos. Loxicamente este proxecto ten que ser compatible coas accións previstas no anteproxecto en execución.
Para facer este proxecto, unha vez definida a propiedade, deberá facerse un concurso público, no que os concursantes buscarán fins de caracter deportivo, medio-ambientais, turísticos, museísticos, zoolóxicos, etc, Tendo sempre en conta as posibilidades económicas e o sostenemento das instalacións e da área que comprende as proximidades do lago e a escombreira no seu conxunto.
d) Mentres se acometen estes pasos, é importante ir facendo o seguinte: invitar, para dar a coñecer o estado actual do lago e escombreira, ós diferentes responsables das institucións públicas e medios de comunicación, para involucralos no futuro deste espacio, que é importante non so para As Pontes senón tamén para a comarca e o país. Tamén debe negociarse con Endesa para conseguir a posibilidade de que tódolos veciños, asociacións, colexios, etc, podan facer visitas guiadas á escombreira e lago, desta maneira pódese valorar con exactitude todo o potencial da zona e ver a riquísima fauna e flora da escombreira, que practicamente xa ten rematada a súa restauración.
As Pontes, 21 de Decembro de 2009