Amigus
As Pontes

RECREATIVOS TUIMIL GAÑADOR DO MARATÓN DE FÚTBOL SALA FESTAS DO CARME 2014 DE AS PONTES

En veteranos o vencedor foi Mobles Eume e na categoría feminina logrou o título “Tocomucho”
Vitorias claras nas tres finais do maratón de fútbol sala Festas do Carme 2014, que se celebrou esta fina de semana na pista do colexio Santa María de As Pontes. Este xa tradicional maratón estivo organizado polo Club O Esteo FS, equipo da Segunda División B. Participaron nesta edición trinta equipos de distintas localidades e ó longo dos tres días disputaron 54 partidos, ós que asistiron centos de espectadores, entre os que se atopaba Adri, xogador de El Pozo Murcia.
A primeira final foi a de veteranos enfrontándose dous conxuntos ponteses, Mobles Eume e Mesón A Cepa. Mobles Eume, campión da copa de fútbol de veteranos deste ano, venceu claramente (4-0) ó Mesón A Cepa, equipo que puxo gañas e no que destacou o seu porteiro Pepe Dasilva, quen grazas ás súas intervencións evitou unha derrota máis avultada.
En mulleres disputaron a final dous equipos do Val de fútbol feminino con xogadoras do fútbol sala ferrolán, con vitoria por 5-1 do denominado “Tocomucho” sobre as “Chococrispis”.
Finalmente na final de seniors o gañador foi o Recreativos Tuimil, equipo ferrolán con moitos xogadores da Segunda División Nacional de fútbol sala. Os ferroláns venceron ós ponteses do Matojoma Venus por un claro 4-0.
Susín (Mobles Eume), Erika, xogadora do Valdetires e internacional con España (Tocomucho) e Iván Rumbo, do Cidade de Narón (R. Tuimil), foron declarados como os mellores xogadores e xogadora do torneo, mentres que Pepe Dasilva (A Cepa), Javichu (R. Tuimil) e Malena (“Más que Mamás”) foron os mellores porteiros e porteira do maratón.
“maratonfs”


Ó remate do torneo os concelleiros Antonio Alonso, Carlos Castro e Jessica Lago fixeron entrega dos trofeos ós vencedores.
As Pontes, 6 de xullo de 2014 (AF)
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs_0082.jpg
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
maratonfs
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios