Finalizou a liga de veteranos de fútbol-7 de As Pontes proclamándose campión o Mobles Eume, sucedendo a Santaballés, campión da edición 2010/11.
O novo campión chegou ata a derradeira xornada imbatido, con 16 partidos gañados e tres empatados. Sen embargo, a relaxación ó saberse campión dúas xornadas antes, foi superado por Construcións Guerreiro neste derradeiro partido, por dous goles a cero. Derrota tamén de Farmavida ante La Galaxia (1-2), polo que o subcampionato logrouno Santaballés, que goleou a A Cepa (5-1). Cafetería Bahía gañou por 3-0 a Xuntanza e Maren a MMYPEM por 4-2. Descansou nesta derradeira xornada As Pontes 74.
CLASIFICACIÓN FINAL
Nº |
EQUIPO |
X |
G |
E |
P |
GF |
GC |
P |
1 |
MOBLES EUME |
20 |
16 |
3 |
1 |
72 |
8 |
51 |
2 |
SANTABALLÉS |
20 |
12 |
6 |
2 |
44 |
20 |
42 |
3 |
FARMAVIDA |
20 |
13 |
2 |
5 |
50 |
25 |
41 |
4 |
CONS. GUERREIRO |
20 |
10 |
6 |
4 |
58 |
27 |
36 |
5 |
LA GALAXIA |
20 |
8 |
6 |
6 |
41 |
34 |
30 |
6 |
AS PONTES 74 |
20 |
8 |
5 |
7 |
42 |
37 |
29 |
7 |
CAFETERÍA BAHÍA |
20 |
7 |
6 |
7 |
27 |
32 |
27 |
8 |
A CEPA |
20 |
5 |
6 |
9 |
30 |
42 |
21 |
9 |
XUNTANZA |
20 |
4 |
4 |
12 |
30 |
57 |
16 |
10 |
MAREN |
20 |
2 |
2 |
16 |
17 |
60 |
8 |
11 |
MMYPEM |
20 |
2 |
0 |
18 |
14 |
83 |
6 |
O Pichichi do campiontao acadouno Iván, do Santaballés, con 19 goles, seguido de Juancar (C. Guerreiro), con 18. A continuación quedaron Michel (C. Guerreiro), con 14 tantos marcados, Susín e Manel, de Mobles Eume, e Oscarín (La Galaxia), con 12 goles. Con once goles, Fernández (A Cepa), Pepe (Mobles Eume) e Sito (La Galaxia).
O trofeo Zamora foi para Marcelino, de Mobles Eume, con oito goles encaixados, seguido de Santi (Santaballés), con 20; Luis (Farmavida), con 25; Enrique (C. Guerreiro), con 27; Peruzzi (C. Bahía), con 32; Cillero (La Galaxia), con 34, e Miguel (As Pontes 74), con 37 goles.
O sábado, 21 de abril, comezará a competición de copa polo sistema de liga, cos once equipos repartidos en dous grupos de seis e cinco conxuntos:
GRUPO A: Cafetería Bahía, MMYPEM, As Pontes 74, Santaballés, A Cepa e La Galaxia.
GRUPO B: Mobles Eume, Maren, Construcións Guerreiro, Farmavida e Xuntanza.
Nova cortesía A.F.