REPORTAXE: FRANCISCO LÓPEZ RIVERA

A Paco gustaríalle adestrar a algún equipo a vindeira campaña.

Despois dun ano sabático, a Francisco López Rivera (As Pontes 1976), máis coñecido como Paco, gustaríalle adestrar a algún equipo de cara á próxima tempada 2017-18.

Foi o último adestrador que tivo o segundo equipo pontés antes de disolverse, na campaña 2015-16. Tamén foi axudante de Iván Rodríguez (ex do primeiro equipo do CD As Pontes e actual adestrador do Cadete do Racing Ferrol), no Equipo B, Cadete e Infantil pontés, e logo, xa como primeiro técnico, adestrou ó filial pontés e tamén ó Cabreiros.

Co Infantil proclamouse Campión de Copa de Ferrol 2013 tras vencer nos penaltis á SRD Portuarios, e tamén gañou a Copa Afaco en 2013 e 2014 tras gañar na final ó Narón BP e SD Cedeira.

Nos seus tempos mozos foi xogador das categorías inferiores do Endesa de As Pontes, sendo doble subcampión de Liga e Copa na categoría cadete, e Campión de Liga Galega Xuvenil en 1993-94, co conseguinte ascenso a Liga Nacional, o primeiro do club (o segundo fora na 2005-06). Posteriormente, o central e lateral esquerdo, xa coma xogador sénior, estivo unha campaña no Santaballés, tres no Roupar, e seis no Cabreiros.

As súas mellores sensacións como adestrador foi poder xogar as fases de ascenso co segundo equipo pontés e co equipo cadete, e como futbolista quédase cos ascensos en Santaballa, Roupar e Cabreiros.

O que máis lle gusta de adestrar é o traballo, esforzo, adicar tempo, e disfrutar do fútbol. Quere que os seus equipos teñan a posesión e a iniciativa do xogo, cun bo trato de balón, por suposto adaptándose sempre ó campo e ó rival.

Os adestradores que máis lle influíron foron Rojo e Calpita, cando era futbolista, e despois, Mieres, Cascudo, Carballo e Paco Ruiz. Pero o que máis, sen dúbida, Iván Rodríguez. Dos máis coñecidos quédase con Simeone, Luis Enrique e Guardiola.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios