Amigus
As Pontes

RESUILTADOS DO CLUBE GRUPO XUVENIL DE AS PONTES NO III DESCENSO DO MIÑO DE OURENSE PROVINCIA TERMAL. (Ourense 15 de xullo de 2023).

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O Sábado día 15 de xullo celebrouse o III descenso do río Miño entre a cidade de Ourense ata a a localidade de Laias sobre unha distancia de 12 kilómetros. Nesta regata participaron máis de 300 padexeir@s pertencentes a 29 clubes españoles e un portugués. O Xuvenil desprazou 6 padexeir@s e estes foron os resultados:

Celia Durán Iglesias acadou a primeira posición na categoría muller senior K1.

Antonio Polo Campello procramouse vencedor na categoría Home veterán K1.

Xalo García Paz na categoría Cadete K1 acadou o 13º lugar e David Prieto Pena clasificouse no posto 26º.

Na Categoría Veterán K-2 Ernesto Gancedo Herreras e Miguel Timiraos Martínez acadaron a sexta praza.

Na clasificación xeral por clubes o Grupo Xuvenil acadou a 15ª posición entre os trinta clubes participantes.

 

Nova cortesía do Grupo Xuvenil.

 

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios