Amigus
As Pontes

Campamento de ciencia e tecnoloxía 2023

Amigus quere presentar o campamento de ciencia e tecnoloxía 2023 que terá lugar na bolera do Lar do 31 de xullo ó 4 de agosto de 9 a 14h.

Ofertamos 18 prazas que se poderán solicitar dende o día 15 de xullo cun prezo de 50 €.

O campamento será impartido coma en anos anteriores por Ciencia Kids e nel as rapazas e rapaces poderán sumerxirse na tecnoloxía da man de Arduino, echidna, micro bit, mbot ou coa impresión 3D. Poderán realizar experimentos científicos, descubrir a ciencia dentro da cociña, saber máis sobre botánica ou achegarse á astronomía da man do planetario hinchable. E todo isto baixo o método de educación stem (Science, Technology, Engineering, Mathematics).

 

https://docs.google.com/forms/d/1Y-1JaQQer4iG2KMZmpti8M6d3wTqz3HkBe1okMQ8vYw/edit?chromeless=1

 

Fotos

Videos

Lista de reproducción Campamento de ciencia e tecnoloxía 2023

También podría gustarte
Comentarios