Amigus
As Pontes

RESULTADOS CLUBE DE PIRAGÜISMO GRUPO XUVENIL NOS CAMPEONATOS GALEGOS DE INFANTIS E CADETES ( Verducido 8 e 9 de xullo de 2023).

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

A pasada fin de semana celebraronse no embalse de Pontillón (Verducido) os campeonatos Galegos de sprint para as categorías infantís e cadetes nos que participaron máis de 650 padexeir@s pertencentes a 69 clubes. Na xornada do sábado foi o turno dos infantïs que competiron na distancia de 1000m. O clube de piragüismo Grupo xuvenil acudeu con 5 padexeiros infantís e estes foron os seus resultados:
No K-1 home infantil “A” 1000 m. Omar Penabad Galdo quedou ás portas de clasificarse para a final “B” quedando no posto 26 entre os 54 padexeiros participantes.
Na categoría k-2 Infantil “A” Adrián Filgueira Fernández e Bruno Tojeiro Asenjo clasificanronse en 2º lugar na final “B.
No K-4 infantil “A” Adrián Filgueira, Xalo Romero Valle, Xalo Cascudo Montes e Bruno Tojeiro Asenjo clasificaronse subcampeóns Galegos.
No K-2 Infantil “B” Xalo Romero Valle e Xalo Cascudo Montes acadaron o 1º lugar proclamándose Campeóns Galegos.
Na xornada do domingo competiron @s padexeir@s na categoría cadete. O clube pontés desprazou a dúas padexeiras, sendo estes os seus resultados:
Na categoría k-1 muller cadete Antia García Pico e Carmen Alén Bellas clasificaronse para a final “B” donde Carmen acadou o 6º posto e Antía tuvo que retirarse por unha avería no timón da embarcación.
No K-2 Antía e Carmen clasificaronse para a final “A” acadando o 9º lugar na mesma.

Nova cortesía do Grupo Xuvenil.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios