Amigus
As Pontes

RESULTADOS ATLETISMO OLYMPO CAMPIONATO GALEGO SUB10 E SUB12

RESULTADOS ATLETISMO OLYMPO CAMPIONATO GALEGO SUB10 E SUB12

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Unha fin de semana para lembrar e un motivo máis para sentir orgullo da nosa canteira deportiva.

O Olympo As Pontes regresou do Campionato Galego Sub10-Sub12 cun espectacular balance de 5 medallas galegas, numerosas mellores marcas persoais e a demostración de que o esforzo, a constancia e a ilusión sempre dan os seus froitos.

Mireia Díaz, campioa galega dos 2.000 metros.
Bieito Losada, campión galego dos 1.000 metros.
Antón Vázquez, campión galego dos 1.000 metros.
Adrián Alarcón, subcampión galego dos 1.000 metros.
Xosé Vázquez, terceiro clasificado galego nos 2.000 metros.

A estes grandes resultados súmanse tamén as magníficas actuacións de Ainara Rivas, Xoan Losada, Dylan Alarcón, Xoel Fernández, Xandre Formoso e Marcos Calvo, que competiron ao máis alto nivel e deixaron ben alto o nome das Pontes.

Parabéns a todos os nenos e nenas, ás súas familias e ao equipo técnico por cada adestramento, cada esforzo e cada soño compartido. Sodes un exemplo dos valores que fan grande o deporte e un orgullo para todo o pobo das Pontes.

Moitos parabéns, campións e campioas

Nova cortesía Esteban Díaz & Concello de As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios