Amigus
As Pontes

RESULTADOS CD AS PONTES 14-15 SETEMBRO

Derrotas de ambos xuvenís ante o Lalín e Cariño

XUVENIL A
CD AS PONTES A-EF LALÍN (0-2)

Derrota do Xuvenil A de Liga Galega 0-2 ante o EF Lalín no seu debut en casa nesta campaña 2018-19.

Non tivo sorte o cadro de Felipe Mieres, pois contan os afeccionados que acudiron ó Campo Anexo Jose que os xoves ponteses estrelaron dous balóns nos postes no primeiro tempo e outros dous no segundo, amén de varias oportunidades.

Si anotou ó pouco do comezo do segundo período o visitante Eloy, xogador que redondeou faltando un cuarto de hora para o remate cun tanto de cabeza dentro da área, sentenciando o partido.

O azuis son decimoterceiros con un punto sumado na xornada do estreo e na vindeira visitarán ó Conxo Santiago “B”, que é décimo con tres.
Xogaron Brais, Fraga, Otero, Pablo, Breijo, Estevo, Óscar, Chema, Cristian, Vilela, Jandro, saíndo no segundo tempo Carlos, Dani, Vicente e David.

XUVENIL B
CD CARIÑO-CD AS PONTES (2-1)

Pola súa banda o Xuvenil B perdeu este venres na súa visita a Cariño 2-1 nun encontro no que todos os tantos chegaron no primeiro período.
Un de Cristian nada máis comezar e outro de Yago mediado o primeiro tempo poñían de cara ós locais, pero un tanto de Miguel preto do descanso daba esperanzas ós azuis aínda que o marcador non se moveu no segundo período.

Na vindeira xornada reciben ó Galicia de Mugardos, que iniciou a Liga perdendo 2-3 co Cedeira. Xogaron Juan, Nono, Alex Barro, Pani, Antonio, Santi, Miguel, Edgar, Mateo, Elías, Vicente, entrando antes do descanso o cadete Jandro e Derick, e despois Xan e Xoel.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios