RESULTADOS CD AS PONTES 21-22-23-24 FEBREIRO

Vitoria do Feminino, Cadete, Benxamín A e ambos Prebenxamíns.

FEMININO
CD AS PONTES-EUME DEPORTIVO (4-0)

Goleada do Feminino 4-0 no encontro disputado na tarde deste sábado. Adiantaba Paula Castro ás azuis tras estar atenta a un mal pase e marcar de tiro cruzado. Antes do descanso marcaba Nuria e despois do reinicio Carolina Rodríguez facía a sentencia, redondeando Carlota o marcador. 

Novenas con 22 puntos, visitan ó Rosalía, décimo con 19. Xogaron Alba, Yoli, Sara, Nuria, Tania, Noelia, Carolina Rodríguez, Xeila, Paula Castro, Carlota, Patricia, Carolina Paz, Nerea.

XUVENIL B
CD AS PONTES B-AD MIÑO (0-3)

Derrota do Xuvenil B 0-3 ante o Miño, equipo que deixou sentenciado o encontro no primeiro período cos tantos de Aarón, Adrián e Constantino.

Sextos con 16 puntos, descansan na vindeira xornada. Xogaron Xavi, Nono, Xan, Antón, Antonio, Santi, Elías, Xoel, Mateo, Andy, Vicente, e despois Jose, Derick, Mohamed e Brais.  

CADETE
MEIRÁS CF-CD AS PONTES (0-4)

Goleada do Cadete 0-4 na súa visita a Valdoviño, nun encontro que se decidiu con dous tantos de Luis no primeiro tempo e no segundo a sentencia de Jandro e Xoel. Cuartos con 26 puntos, reciben ó Cariño, oitavo con 16.  

Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Xose, Riobo, Samuel, Mario Fraga, Luis, Hugo, Joan, Jandro, Adrián Piñón, e despois Xoel, Edgar, Sergio Hermida, Sergio Paz e Íker.

INFANTIL
FC ORTIGUEIRA-CD AS PONTES (3-2)

Derrota do Infantil en Ortigueira 3-2. Adiantábanse os locais 2-0 e pese a empatar Anxo Blanco con dous tantos, o terceiro gol de Elías dáballe os tres puntos ós locais. 

Cuartos con 18 puntos visitan ó líder San Pedro, con dous puntos máis. Xogaron Joel, Augusto, Bruno, David, Sergio, Carlos, Xose, Iago, Anxo, Ali, Diego, Ángel, Hugo, Antón, Cristian.  

ALEVÍN
ORTIGUEIRA-CD AS PONTES A (6-1)
CD AS PONTES B-CD CARIÑO (3-3)

Goleada 6-1 a que sufriu o Alevín A dun equipo que vai por debaixo na clasificación, tanto de Nico Meizoso. Son cuartos con 18 puntos antes de visitar ó Ánimas, décimo. Moi ben o Alevín B que logrou o seu primero punto tras empatar 3-3 co Cariño, tantos de Almahdi Belhaj (2) e Xalo González. Reciben ó Ánimas BE, noveno.

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-SRD PORTUARIOS (3-1)
SCDR GALICIA DE CARANZA B-CD AS PONTES B (4-3)

Gran vitoria con remontada do Benxamín A 3-1 ante o Portuarios, Lucas Blanco, Xandre Domínguez e Xalo Cebreiro anotaron nos últimos 15 minutos. A vitoria do Neda en Narón, fai que lideren en solitario con 26 puntos por 23 destes dous equipos. Próxima visita ó Caranza C, sexto. Derrota 4-3 do Benxamín B na casa do segundo clasificado Caranza B, Íker Díaz (2) e Xoel Galego, e a piques estiveron de lograr algo positivo e iso que ao descanso chegouse cun 4-0. Quintos con 17 puntos reciben ó Cedeira, noveno.

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-EF RACING DE FERROL B (4-1)
CD CARIÑO-CD AS PONTES B (0-6)

Vitoria 4-1 do Prebenxamín A ante o Ferrol B, tantos de Xoel Timiraos, Pablo Mariño, Brais Gómez e Yago Bouza. Son terceiros con 19 puntos, antes de visitar ó Perlío, quinto. Pola súa banda o Prebenxamín B goleou 0-6 en Cariño, tantos de Ander Blanco (2), Pau Jorrin (2), Hugo Carballo, Daniel Corral, e son líderes con 22 puntos antes de recibir ó Miño, segundo con 19. 

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios