RESULTADOS CD AS PONTES 24-25-26 MAIO

Derrota do As Pontes 5-4 en Sarria. Xuvenil e Infantil xogarán a final Afaco. O Cadete cae na fase de ascenso.

PREFERENTE NORTE

SD SARRIANA-CD AS PONTES (5-4)

Derrota dolorosa do As Pontes en Sarria nun encontro no que chegou a ir 0-2, 1-3 e 2-4, remontando os locais cun 5-4 a falta de quince minutos.

Anotaron Alex, Erni, Quique e Sánchez e xogaron Paco, Ramos, Alex, Martín (Toni 55´), Sánchez (Alberto 80´), Rivas, Quique (Josiño 85´), Bossa, Carlos, Fidi, Erni (Dani Pajaro 70´).  

Co remate da Liga, e pensando xa na final da Preferente co Pontellas, xurden unha serie de récords que se perderon hoxe, coma o de derrotas, que queda en catro, como na 1986-87 e 2009-10, pero superadas polas só tres das campañas 1983-84 e 1985-86.

Tamén, sendo moi boas as once vitorias a domicilio, é un rexistro superado polas 12 da 1977-78 e do último ano do ascenso 2009-10, en que tamén se lograron doce. 

En cómputos globais, logrouse o maior número de vitorias en Liga, 29, polos 27 da 1977-78, e os estratosféricos 123 goles superan os 88 do terceiro mellor rexistro, sendo o segundo tralos 146 tantos da campaña 1976-77. Mentres, os 40 goles encaixados quedan lonxe dos 21 da 1986-87.

Foise líder de principio a fin e obtívose a mellor puntuación de sempre, 92, seis máis que na 1977-78 que serían 86 actualizando a vitoria a tres puntos.    

XUVENIL

SCDR GALICIA DE CARANZA-CD AS PONTES (4-3, Dani Pajaro, Jandro, Chema)

Derrota do xuvenil pontés no derbi co Caranza. A pesar de igualar por dúas veces un 1-0 e un 3-1, un tanto dos locais no tempo de desconto, cun menos, deulles os tres puntos. Rematan a Liga decimoquintos con 29 puntos e primeiros dos salvados, descendendo Riveira, Betanzos e Arteixo. 

CADETE

CD AS PONTES-OLÍMPICO DE RUTIS CF (1-3, Joan)

Pese a igualar pronto a eliminatoria os discípulos de Pardo e Alex, tres goles do equipo visitante antes do descanso sentenciaron o partido ante un cadete pontés que pon fin a unha moi boa temporada.

ALEVÍN

CD AS PONTES A-ORTIGUEIRA FC (10-1, Sergio Vázquez 3, Nico Meizoso 2, Alejandro Leal, Andrea Cruz, Diego Lozano, Andrés Pérez, Destaw Pellón)

CD CARIÑO-CD AS PONTES B (3-5, Sergio Barro, Alejandro Díaz, Adrián Díaz, Xoel Vigo, Almahdi Belhaj)

XUVENIL AFACO

O Xuvenil pontés venceu este venres á tarde por 7-3 ao Amistade de Meirás e xogarán a final contra o Numancia de Ares que gañou coma locatario ao Maniños por 3-2. Xa marcharon ao descanso cunha ventaxa de 5-2, e iso que tiraron dous tiros ao poste e Nesi tamén parou un penalti. Anotaron os goles Vicente 2, Mateo 2, Chema, Edgar, Jose.  

INFANTIL AFACO

O infantil pontés clasificou para a final da Copa Afaco tras vencer a domicilio por un  contundente 4-8 ó Maniños no Campo do Pote. Xogará a final contra Ortigueira ou Neda. Anotaron Anxo Blanco 3, Diego 2, Bilal, Iago e Antón. 

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios