Amigus
As Pontes

RESULTADOS CD AS PONTES 25-26-27 XANEIRO

O As Pontes empata en Arteixo. Triunfo do Xuvenil B, Cadete, Benxamín A, e goleadas de ambos Prebenxamíns

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

PREFERENTE NORTE
ATLETICO ARTEIXO-CD AS PONTES (1-1)

Empate do As Pontes na súa visita este domingo a mañá a Ponte dos Brozos, nun encontro moi igualado no que pouco despois do descanso Dani Fernández adiantaba ós azuis, pero pronto empataba o ex deportivista Dani Bea establecendo a igualada que resultou definitiva. 

No segundo partido en 23 xornadas no que o As Pontes non suma a vitoria, gañou un intratable Viveiro (5-0) e a Sarriana (2-1), pero cos empates de Noia e Arzúa os de Marco Roca seguen mantendo 17 puntos de marxe sobre o ascenso, quedandolles aínda un segundo partido consecutivo a domicilio a vindeira semana en Abegondo. 

Primeiro empate entre ambos equipos. Anteriormente en Arteixo, dúas vitorias locais, 2-1 na 2001-02 e 1-0 a campaña pasada, e outros dous ponteses, 0-1 na 1998-99 e 1-2 na 2005-06. 

O As Pontes suma 64 puntos, por 48 do Viveiro, 47 de Noia, 46 da Sarriana e 45 do Arzúa. Xogaron Paco, Ramos, Alex, Rego, Martín, Dani, Adrián, Bossa, Carlos (Erni 71´), Fidi (Toni 75´), Pardo (Quique 71´).

FEMININO
CD AS PONTES-DISCALZAS SD (0-4)

Recital dun equipo visitante que venceu en As Pontes por un contundente 0-4, tantos de Antía (2), Lucía e Zeltia. Saíndo co balón controlado dende atrás e abrindo moi ben ó xogo ás bandas, cun fútbol moi vistoso, as de Cedeira xa sentenciaron antes do descanso sobrando o segundo tempo. 

Novenas con 18 puntos, antes de visitar ó San Sadurniño, cuarto con 30 puntos. Xogaron Alba, Yoli, Sara, Indira, Carolina Rodríguez, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara, Carolina Paz e Uxía.  

XUVENIL A
CD AS PONTES-CD CONXO SANTIAGO B (0-3)

Paso atrás do Xuvenil de Liga Galega que perdeu 0-3 ante un rival directo coma o Conxo B, que xa deixou sentenciado o encontro antes do descanso con tres tantos de Jonathan.

Cuartos pola cola cos quince puntos na vindeira xornada visitan ó Val no derbi, equipo valexo que comezou nos postos baixos pero que agora é segundo con 44 puntos, a só dous do líder Lalín. 

Xogaron Brais, Pablo, David, Edgar, Matías, Breijo, Carlos, Chema, Brais, Jandro, Iván, e despois Dani, Miguel, Fraga e David.


XUVENIL B
CD NARÓN B-CD AS PONTES B (1-4)

Boa vitoria do Xuvenil B, apuntalada nos últimos minutos, 1-4 en Narón, con tantos de Elías (2), Vicente e Pani. Quintos con 12 puntos reciben ó San Pedro A, cuarto con 13. 

Xogaron Edgar, Nono, Antonio, Santi, Antón, Xan, Elías, Xoel, Brais, Jose, Vicente, e despois Mateo, Blanco, Pani e Derick.

CADETE
CD AS PONTES-AD MIÑO (1-0)

Vitoria nos derradeiros instantes do Cadete ante o Miño, tanto de Eloy, o que os deixa cuartos con 19 puntos antes de visitar ó líder Caranza B. 

Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Xose, Riobo, Samuel, Mario Fraga, Adrián Piñón, Hugo, Xoel, Jandro, Joan, e despois Adrián Bellas, Sergio, Francisco, Dani e Mateo.  

INFANTIL
CCRD PERLÍO-CD AS PONTES (4-1)

Derrota do Infantil 4-1 ante o líder en Fene, tanto da honra de Diego Purriños. Cuartos con 12 puntos, reciben ó Cariño, sétimo con tres.  

Xogaron Joel, Xose, Sergio, David, Anxo Rey, Ángel, Yeray, Ali, Anxo Blanco, Patricia, Diego, Nico, Hugo, Carlos, Augusto e Cristian.


BENXAMÍN
SDCR NARÓN O FREIXO-CD AS PONTES A (1-1)
CD AS PONTES B-SDC GALICIA DE MUGARDOS (4-2)

Bo empate do Benxamín A na casa do segundo calsificado, nun encontro no que comezou perdendo pronto con tanto de Aarón, pero que empatou Íker Ares no segundo período. Seguen líderes con 16 puntos, manteñen os dous de ventaxa sobre naroneses, tres sobre o Neda, e catro sobre o Ortigueira B. Na vindeira xornada reciben ó Caranza, sexto. Vitoria do Benxamín B 4-2 ante o Mugardos, tantos de Brais Varela (2), Xoel Galego e Mateo González. Cuartos con 10 puntos visitan ó líder Narón B.

PREBENXAMÍN
CULTURAL MANIÑOS SD-CD AS PONTES A (2-12)
CD AS PONTES B-EUME DEPORTIVO BE (13-1)

Goleada 2-12 do Prebenxamín A en Fene, tantos de Brais Gómez (5), Yago Bouza (3), Pablo Mariño, Adrián Bouza, Anxo Paz, Xoel Timiraos. Cuartos con 9 puntos reciben ó Portuarios, sexto con sete. Goleada do Prebenxamín B 13-1 ante os de Pontedeume, Adrián Ameneiro (3), Hugo Carballo (2), Daniel Corral (2), Xiao Fontao, Ander Blanco, Pau Jorrin, Daniel Peña, Itai González, Alejandro Durán. Líderes con 13 puntos, empatados co Miño, visitan ó Neda, sexto.    

Nova cortesía Xose Ferreiro. Fotos CD As Pontes cortesía Pepe Pena 

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios