RESULTADOS CD AS PONTES SEMANA 15-16-17 DECEMBRO
Vitorias do Feminino, Xuvenil, Benxamín A e Prebenxamín A
FEMININO
EUME DEPORTIVO-CD AS PONTES (0-4)
O equipo feminino gañou 0-4 na súa visita a Pontedeume. Os goles de Carlota e dous de Paula Baamonde sentenciaron o encontro antes do descanso e mediado o segundo tempo un cuarto de Paula Castro deron tres importantes puntos ó cadro de Julio Montero.
Son cuartas con 28 puntos antes de recibir ó Cariño, terceiro con 31. Xogaron Leti, Yoli, Nuria, Indira, Noelia, Nerea, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Lucía e Uxía.
XUVENIL
CD AS PONTES-CD NARÓN A (2-1)
Sufrida vitoria do Xuvenil pontés no seu encontro ante o Narón A. Na primeira parte os locais dominaron máis, pero tamén se puido ver un tiro ó poste dos visitantes e unha boa intervención de Meidán.
A segunda comezaba cun gran gol de Óscar Calvo tras saque de córner, de cabeza polo escuadro, ó que respondeu rápido o conxunto amarelo, que marcou Sergio tras un forte disparo dende fóra da área, que se acabou colando por alto a pesar de tocar Meidán.
Despois dunha acción na que os visitantes reclamaron penalti, nunha boa xogada local, Óscar cédella a Cristian, que marca o 2-1 de forte disparo por baixo chegando dende atrás. O propio Cristian puido sentenciar nunha xogada na que Andrés lanza un disparo case dende o medio do campo, o porteiro salva como pode, e con toda a porta para él, o dianteiro manda o balón moi alto.
Os de Felipe Mieres conservaron a vitoria e seguen na dura poxa polo título, que ten ó Eume líder con 15 encontros, seguido de As Pontes, Narón A e Portuarios con 12. Antes do remate do 2017 visita o As Pontes Pontedeume nun partido moi importante.
Xogaron Meidán, Carlos, Breijo, Pablo, Bruno, Vilela, Óscar, Dani, Cristian, Xose e Andrés, entrando despois Fraga, Derick e Jose.
CADETE
SCDR GALICIA DE CARANZA B-CD AS PONTES (2-1)
Derrota do Cadete na súa visita a Caranza. Nun partido no que se marcaron os goles nos derradeiros vinte minutos, Hugo Díaz e Hugo Lamas puxeron terra de por medio, e case sen tempo recurtou distancias Vicente.
Cuartos con nove puntos, reciben ó Val, sexto con sete. Xogaron Juan, Eyob, Xavi, Alejandro, Antonio, Nono, Adrián, Santi, Vicente, Xan e Joan, entrando despois Xoel, Andrei, Mohamed e Iván.
INFANTIL
SCDR GALICIA DE CARANZA B-CD AS PONTES (3-3)
Empate 3-3 do Infantil na súa visita a Caranza. Nunha Liga moi apretada, lideran Ferrol B e O Val con 15 puntos, seguido de Narón A, As Pontes e Caranza B con 13, recibindo a vindeira xornada no Poboado ó equipo naronés.
Dous goles de Xoel Purriños e un de Jandro López. Xogaron Hugo Bouza, Eloy, Xose, Anxo, Samuel, Mario Fraga, Xoel, Hugo Blanco, Diego, Jandro, Luis, Iago, Mario Regueiro, Ángel, Íker, Sergio.
ALEVÍN
SD O VAL B-CD AS PONTES A (4-4)
CD AS PONTES B-EFB AMISTADE DE MEIRÁS (0-2)
O Alevín A empatou 4-4 na súa visita a Sinde, goles de Israel Varela, Anxo Blanco e Xandre Fernández. Sextos con catro puntos reciben ó Eume B, cuarto con seis. Pola súa banda o Alevín B perdeu 0-2 co Amistade de Meirás, e cun punto visitan ó Narón B, que ten tres.
BENXAMÍN
CD AS PONTES A-SD O VAL (2-1)
EFR RACING DE FERROL C-CD AS PONTES B (3-2)
O Benxamín A gañou nos últimos minutos 2-1 ó Val, goles de Íker Ares e Xalo González, e sextos con tres puntos, visitan ó Ánimas, que ten seis. O Benxamín B perdeu 3-2 co Ferrol C, goles de Xavi García e Xandre Domínguez, e quinto con tres puntos recibe ó Caranza D, que aínda non puntuou.
PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-CEDEIRA SD (4-0)
SCDR GALICIA DE CARANZA-CD AS PONTES B (4-3)
O Prebenxamín A gañou 4-0 ó Cedeira, dous goles de Xoel Galego, e un de Brais Varela e Íker Díaz, e cuarto con 3 puntos visita ó Racing de Ferrol, coa mesma puntuación. O Prebenxamín B pola súa banda perdeu 4-3 na súa visita a Caranza, goles de Xoel Timiraos (2) e Brais Gómez, antes de recibir ó Ferrol B, ambos sen puntuar.
Nova cortesía de Xose Ferreiro