RESULTADOS CD AS PONTES SEMANA 2-3-4 FEBREIRO

Gran triunfo do primiero equipo no Saviñao. Vitorias de Xuvenil, Alevín A e Benxamín A

PREFERENTE
CLUB ATLÉTICO ESCAIRÓN-CD AS PONTES (0-2)

Gran vitoria do As Pontes a domicilio 0-2 ao Atlético Escairón no Saviñao. Salvou un macht ball o conxunto pontés, dado que, unido ó habitual pouco fondo de armario das últimas semanas, desta volta faltaba Rego, lesionado, e Pardo e Fidi, sancionados, polo que houbo que facer unha convocatoria apurada con dous xuvenís incluidos, Óscar Calvo e Josiño.

Un gol de de Quique comezado o segundo tempo, e outro de Alex Cabarcos preto do final deron tres importantes puntos a un equipo que segue terceiro con 44 puntos, a tres de Polvorín e seis de Paiosaco, e co Ribadeo pisando os talóns. O peor capítulo foron as cinco amarelas que viu o equipo, en especial Pablo Ramos, que apenas estivo uns minutos no campo e viu o quinto cartón.

Complicada saída a vindeira xornada na visita ó Xallas, equipo que comezou nos postos baixos pero mellorou moito co paso das xornadas ata situarse décimo con 32 puntos, e sen ir máis lonxe gañando hoxe 1-4 en Abegondo. Xogaron Kiko, Criado, Alex, Rober, Dani, Martínez, Maroñas, Bossa, Iglesias, Troncho (Ramos 89´), Quique (Josiño 85´).

FEMININO
SCDR GALICIA DE CARANZA-CD AS PONTES (2-1)

Derrota do feminino na súa visita á Caranza, e das que doen, pois adiantouse o equipo local por medio de Laura no primeiro período, pero Paula Castro empataba no segundo, ata que xa no desconto outra vez Laura dáballe os tres puntos ás locais, que asentan a segunda praza con 42 puntos por 35 das pontesas, que reciben na vindeira xornada ó Amistade de Meirás, oitavo con 28 puntos.

Xogaron Leti, Yoli, Nuria, Uxía, Noelia, Nerea, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara e Lucía.

XUVENIL
SCDR GALICIA DE CARANZA B-CD AS PONTES (0-3)

Boa vitoria do xuvenil pontés, que gañou 0-3 en Caranza, nun partido que xa marchaba encamiñado ó descanso cos tantos de Carlos e Óscar, e Cazás sentenciou faltando quince minutos.

Son segundos con 24 puntos, e dado que o Eume descansou nesta xornada sitúanse a tres puntos, antes de recibir ó quinto Meirás.

Xogaron Meidán, Carlos, Fraga, Pablo, Breijo, Vilela, Óscar, Chema, Cristian, Xose, Dani e despois Cazás, Alex Barro, Jose e Derick.

CADETE
CD AS PONTES-CD NARÓN (1-1)

Empate do Cadete 1-1 ante o Narón, nun encontro no que xa ben entrada a segunda parte adiantou Vicente ós de Rubén Pardo, pero faltando dez minutos Íker poñía o 1-1 definitivo.

Son sétimos con once puntos antes de visitar ó líder Eume. Xogaron Juan, Eyob, Adrián, Alejandro, Antonio, Nono, Joan, Xan, Vicente, Jandro, Santi, e despois entraron Xoel, Edgar, Dani, Mohamed e Iván.

INFANTIL
CD AS PONTES-RÁPIDO DE NEDA (1-1)

Empate do infantil 1-1 co Neda. Comezaron gañando pero empataron os visitantes no segundo tempo. Quintos con 19 puntos antes de visitar ó Portuarios, terceiro con 22. Xogaron Pablo, Eloy, Xose, Anxo, Samuel, Mario, Diego, Ángel, Sergio (1), Hugo, Luis, Billal, Alejandro, Juan, David e Francisco.

ALEVÍN
CD AS PONTES A-CEDEIRA SD (7-0)
SRD PORTUARIOS-CD AS PONTES B (5-2)

Triunfo 7-0 do Alevín A ante o Cedeira con tres tantos de Anxo Blanco e Israel Varela, e un de Antón Varela. Son quintos con 10 puntos antes de visitar ó colista O Val (Foto cortesía Xose Blanco). Derrota do Alevín B 5-2 ante o Portuarios, antes de recibir ó Cebarca, segundo. Tantos de Xalo García e Miguel Dopico.

BENXAMÍN
RÁPIDO DE NEDA-CD AS PONTES A (1-5)
CD AS PONTES B-SRD PORTUARIOS (0-5)

Vitoria do Benxamín A ante o colista Neda 1-5, tantos de Alexander Venancio (2), Xalo González, Almahdi Belhaj e Nicolás Meizoso. Son segundos con 15 puntos antes de recibir ó Numancia, tamén sen puntuar. O Benxamín B perdeu 0-5 na visita do líder Portuarios. Son quintos con 10 puntos antes de visitar ó Narón C, sexto con 9.

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-SRD NUMANCIA DE ARES CF (aprazado)
CF SAN SADURNIÑO-CD AS PONTES B (8-1)

Derrota do Prebenxamín B 8-1 ante o líder San Sadurniño antes de recibir ó colista sen puntuar Cultural Maniños, tanto de Brais Gómez. O Prebenxamín A xoga o martes.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios