SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA. CR FENDETESTAS 15 – MURALLA RC 0
Novo paso do equipo pontés de cara ó título.
Vitoria do Fendetestas pontés nun sufrido encontro, que marchou 5-0 ó descanso, e nos últimos minutos acabou sentenciando por 15-0, con dous ensaios de Antonio e Rober, que ademáis transformou un dos dous lanzamentos a paus, e anotou un golpe de castigo.
Á espera do encontro deste domingo entre Zalaeta e Mareantes B, os ponteses suman 48 puntos, por 40 dos de Arteixo, 32 do Muralla, 30 de Mareantes B, 29 de Santiago e Vigo B, 18 de Barbanza e 7 de Ourense B.
Quédalles ós ponteses o partido aprazado co Barbanza, ademáis de visitar ó Mareantes B a semana que vén e recibir ao Vigo B na derradeira xornada.
Xogaron Antón, Pablo Muíño (Sergio 60), Joel, Toño, Rober, Antonio, Javier, Miguel, Iván, Andrés, Óscar, Ramiro, Víctor, Asier (Ángel 56), Pablo Menéndez.
Nova cortesía de Xose Ferreiro