RESULTADOS CD AS PONTES SEMANA 29-30 SETEMBRO

Importante triunfo do As Pontes ante un histórico como o Ordes o que fai que lidere a táboa momentáneamente en solitario. Triunfos de Cadete, Infantil, Alevín A, Benxamín A e Prebenxamín A.

PREFERENTE NORTE
CD AS PONTES-SD ORDES (0-2)

Gran triunfo do equipo pontés 0-2 nun terreo complicado como o Vista Alegre, a úndécima vitoria en 27 visitas.

Dous tantos de Carlos López en cada tempo deron tres valiosos puntos para un As Pontes que foi moi superior, dado que incluso erraron un penalti.

Xogaron Paco, Ramos, Alex, Rego, Martín, Adrián, Carlos (Sergio 90´), Bossa, Quique (Dani 25´), Fidi (Sánchez 80´) e Pardo (Toni 85´).

Cando todo parecía indicar o sexto triunfo da Sarriana, dous goles no desconto de Javi Suso para o Montañeros fai que os azuis sumen 18 puntos, seguidos dos lucenses e o Noia con 16.

Na vindeira xornada reciben ó Foz, decimo sétimo con 4 puntos, e que hoxe empatou 2-2 co Arzúa.

FEMININO
CCRD PERLÍO-CD AS PONTES (1-1)

Primeiro punto do feminino pontés na Liga tras empatar 1-1 nos Pinares. Adiantáronse a pouco do final por medio de Paula Baamonde, pero un tanto de Iria no último minuto poñía as táboas definitivas no marcador.

A semana que ven reciben á Capela. Ambos equipos suman un punto. Xogaron Leti, Yoli, Yara, Nuria, Noelia, Xeila, Carlota, Paula, Nerea, Alba e Paula Baamonde.

XUVENIL A
CD AS PONTES-SD O VAL (1-2)

Non puido o Xuvenil gañar o derbi ante O Val, pese a adiantarse ó pouco do comezo cun tanto de Jandro. Sen embargo, nos últimos minutos, os valexos, por medio de Óscar e Diego, deron a volta ó marcador.

No equipo de Sinde estaba o dianteiro pontés Sergio Cazás, que a pasada campaña anotara 15 goles ata febreiro co equipo xuvenil local, e polos azuis faltaba no centro da zaga un habitual coma Breijo.

Décimo terceiros con 4 puntos visitan ó Betanzos, decimo quinto con 3. Xogaron Brais, Fraga, David, Pablo, Matías, Vilela, Óscar, Chema, Cristian, Edgar, Jandro, e despois Dani, Carlos e Álvaro.

XUVENIL B
CD NARÓN A-CD AS PONTES B (3-1)

Derrota do Xuvenil B 3-1 na súa visita a Narón. Os locais puxeron terra de por medio cos goles de Alejandro, Mateo e Pablo, e Mohamed preto do final anotou o tanto da honra.

Na vindeira xornada reciben ó Neda, terceiro con 6 puntos. Xogaron Juan, Nono, Alex Barro, Santi, Antonio, Vicente, Miguel, Xoel, Derick, Elías, Mateo, e despois Riobo, Mohamed e Brais.

CADETE
CD AS PONTES-SD RÁPIDO DE NEDA (4-0)

O equipo Cadete gañaba 4-0 o Neda, tantos de Xose, Piñón, Jandro, e Xoel, logrando os seus tres primeiros puntos antes de recibir ó Ortigueira, que aínda non puntuou.

Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Xose, Samuel, Mario Fraga, Hugo, Joan, Jandro, Adrián Piñón, Xoel, Luis, e despois Adrián Bellas, Dani, Sergio Hermida e Íker.

INFANTIL
CD AS PONTES-EF RACING DE FERROL (8-0)

Debut con goleada do Infantil 8-0 ante o Racing de Ferrol. Na vindeira xornada visitan ó Rápido de Neda, que debutou gañando 0-5 ó San Pedro.

Xogaron Hugo, Sergio, Antón, David, Anxo Rey, Carlos (2), Israel (2), Iago (1), Anxo Blanco (1), Ángel (1), Diego (1), Joel, Patricia, Augusto, Bruno, e Xose.

ALEVÍN
CD AS PONTES A-SRD PORTUARIOS B (5-0)
CD AS PONTES B (DESCANSA)

O Alevín A debutou cun 5-0 sobre o Portuarios B, goles de Andrea Cruz (2), Nico Meizoso, Xalo García, Diego Lozano. Na vindeira xornada visitan ó Cedeira B, que perdeu 17-2 co Numancia neste debut.

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-SDC GALICIA DE MUGARDOS (7-2)
CCRD PERLÍO-CD AS PONTES B (3-1)

Vitoria do Benxamín A 7-2 ante o Mugardos no debut, tantos de Íker Ares (3), Xandre Domínguez (2), Nacho Villasuso, e Naúl Suárez. Próxima visita ó Caranza, que venceu 2-8 en Ortigueira.

Derrota do Benxamín B 3-1 no debut en Fene, tanto de Xoel Galego. Na vindeira xornada reciben ó Mugardos B, que perdeu 1-2 co Perlío B.

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-SCDR GALICIA CARANZA B (8-0)
CD AS PONTES B (DESCANSA)

Vitoria 8-0 no debut do Prebenxamín A sobre o Caranza B, tantos de Xoel Timiraos (3), Xalo Franco (3), Pablo Mariño e Brais Gómez.  Próxima visita ó Narón O Freixo, que gañou 0-10 en Cariño.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios