Amigus
As Pontes

Resultados do Grupo piragüismo Xuvenil

Campionato galego K2. Pontillón de Castro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O día 8 de febreiro, o club local de piragüismo,Grupo Xuvenil As Pontes, desprazouse ata o encoro de Pontillón de Castro (Pontevedra), para participar no Campionato Galego de fondo de embarcacións dobles.

Desprazou o Xuvenil nesta ocasión nove combinacións, en K2 home Infantil A ,K2 home Cadete, K2 Muller senior, k2 home veterán A e K2 senior mixto.

Os resultados foron os seguintes:

O K2 home Infantil A,  a embarcación K2 de Xoel e Dani remataban en segunda posición,proclamándose subcampión galegos, por detrás dos padexeiros do Altruán de Ribadeo e impoñéndose no final o k2 do Kayak Tudense.

Xa en K2 home Cadetes, o club presentaba na liña de saídas dúas combinacións, Xalo Romero con Adrián Filgueira eran en meta décimo terceiros e Omar Penabad con Adrián Ribeiro chegaban no posto viséximo terceiro.

No K2 muller Senior, Carmen e Celia eran décimo terceiras.

No K2 veterán A, nunha regata dominada polos locais, Bruno Rodríguez e Polo impoñíanse nun apretado sprint os seus compañeiros de club, Adrián Paz e Ángel Pico, proclamándose campións e subcampións galegos.

Nesta misma regata Miguel Timiraos e Ernesto, nun lance da regata, sufriron un percance que lles impediu chegar á meta.

Xa na nova categoría de K2 Senior mixto, poñía o club en liza dúas embarcacións, sendo Celia Durán con Polo sextos, e Carmen Alén con Xalo García décimo cuartos, nunha regata na que as dúas primeiras embarcacións levaban padexeiros Campións do mundo.

 

Nova cortesía do Grupo Xuvenil.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios