Resultados do Grupo Xuvenil-Matojoma de piragüismo na pasada fin de semana

Fin de semana con dobre participación dos piragüistas ponteses.

O sábado tocou liga da Deputación da Coruña en Pontedeume, de onde voltaron con medallas Celia Durán (1 k1 muller cadete), Antía García e Carmen Alén (3° k2 alevín-B), Nerea Tojerio (3° k1 alevín-B) e Leticia Niebla (3° k1 alevín-A), Ada Fernández e Inés Domínguez (1° k2 infantil A), Antón García e Lucas Valle (3° k2 cadete), e sen medallas, pero con moi boa actuación Antía Rodríguez (4° k1 infantil-B), Lois Barcelo (11° k1 infantil-B), Pablo Vispalia (13° k1 cadete) e Xalo Romero (7° k1 benxamín).


O domingo en Pontevedra tocaba liga galega, o trofeo Entrepontes, onde Antonio Polo e Carlos Pedreira loitaron pola victoria na categoría senior ata o sprint final no que foron superados pola embarcación do Vilaboa, rematando segundos. En k1 cadete Celia Durán rematou sexta, os tamén cadetes Pablo Vispalia e Lucas Valle movemos en k2 e Antón Gracia 33 en k1 (despois de unha desafortunada caída que lle obrigou a ter que remontar) e o veterán Ernesto Gancedo foi cuarto en k1.

Nova cortesía do Grupo Xuvenil
Fotos cortesía de Luis Prada Ferrer, Federación Galega, Náutico Firrete de Pontedeume, e propias.

También podría gustarte
Comentarios