Esta fin de semana, o sábado, celebrouse o LXXXIX Campionato Xunta de Galicia absoluto e sub 23 de atletismo nas pistas de Balaídos, donde dous Ponteses competían ó abeiro do Clube atletismo Narón en 1500m libres Manuel Campello e en 3000m obstáculos, Esteban Díaz.
Campello rematou sexto na final B de 1500 e Díaz rematou quinto na final de 3000 obstáculos logrando a súa mellor marca persoal mellorando dous segundos a marca do ano pasado.
Arquivo.
Xa o domingo, Esteban impoñíase na volta ás Forcadas tan só por un segundo a Fernando Lorenzo. Resultados completos.
Nova cortesía de Esteban Díaz e Manuel Campello