Amigus
As Pontes

RESULTADOS DO CLUBE DE PIRAGÜISMO GRUPO XUVENIL NA LXII TRAVESÍA RÍA DE FOZ.

Sabado 15 de xuño de 2024. Foz (Lugo).

O pasado sábado celebrouse unha cita ineludible no calendario deportivo galego, na que se reuniron 21 clubes e 216 padexeir@s. O clube Grupo Xuvenil acudeu con 8 padexeir@as e estas foron as súas clasificacións:

  • Antonio Polo Campello e Celia Durán Iglesias acadaron o 1º posto no K2 mixto.
  • Ernesto Gancedo Herreras clasificouse no 7º lugar en home veterán.
  • Adrián Filgueira Fernández e Omar Penabad Galdo clasificaronse en 2º lugar na categoría home cadete K2.
  • Carmen Alén Bellas e Antía García Pico foron terceiras clasificadas na categoría muller cadete K2.
  • Xalo García Paz clasificouse en 3º lugar na categoría K1 Xuvenil.

Na Clasificación xeral por equipos o clube Grupo Xuvenil de As Pontes acadou o 7º posto entre os 21 clubes participantes.

 

Nova cortesía do Grupo Xuvenil.

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados, pero trackbacks Y pingbacks están abiertos.