RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

Mala xornada para o As Pontes de Terceira División, que perdeu en casa do colista Vilalonga (2-1), tanto de Bossa, e escaparon tres puntos moi importantes. Son 12º con 13 puntos e o peor de todo é que a semana que ven descansan e dentro de dúas reciben ó todopoderoso Ourense.
O equipo feminino logrou unha holgada victoria na Pobra do Caramiñal ante o Puebla (0-6), nun partido no que aínda puideron caer máis goles e no que Salido lle deu minutos a moitas das máis noviñas. Marcaron Alba (2), Carliña, Carlota, Cris Moirón e a primísima Patricia Rochela. Xogaron Leti, Yaiza (Sabela 60´), Silvia (Clara 77´), Jani, Mireia, Lara, Laura (Andrea 66´), Alba (Patri R 46´), Carlota, Carliña e Cris Moirón. (Xentileza de EMMA).
futbol_1.jpg


futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
O gran triunfo da xornada seguramente foi o que conseguiu o equipo xuvenil de Liga Nacional que venceu por 0-1 ó Cultural Areas, gol do xuvenil de primeiro ano, o medio centro Juan Prieto. Os de Carballo toman oixíxeno, consiguen a primeira victoria do ano, suman catro puntos e son antepenúltimos, pero a maior zozobra de todos os equipos de Liga Nacional son os máis que presumibles 3 ou 4 descensos de equipos galegos División de Honra, que ademáis dos dous descensos directos, lastrarán a 3 ou 4 equipos máis á Liga Galega. A semana que ven reciben ó Montañeros B e esperan contar co apoio do público.
Gran comezo de tempada do xuvenil B que venceu 3-1 ó Portuarios, son cuartos con 14 puntos, e a semana que ven van a Fene a xogar co Cultural Maniños.
futbol_1.jpg
O equipo cadete adestrado por Iván Rodríguez suma a súa terceira victoria consecutiva tras vencer ó Rápido de Neda 3-0. Son cuartos con nove puntos e a semana que vén visitarán ó Val. Os goles foron marcados por Keko, Galego e Luis.
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
Embalado vai o equipo infantil que o sábado venceu 7-1 ó Ortigueira e suma os seus catro encontros por victorias igual que o líder por mellor goal average Narón. A semana que vén visitarán ó San Pedro. Marcaron os goles Alex Fernández (2), David Rey, Brais, Iván, Jarel e un en propia meta. Xogaron Angel, Blanco, Jorge, Cainzos, Martínez, Rey, Alex, Brais, Nahúm, Jarel e Iván. No segundo tempo entraron Beto, Óscar, Jonathan e Iago.
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
Outro que está en racha é o alevín A, venceu a domicilio ó sempre complicado Galicia de Caranza, 1-2, tantos de Josiño e Martín, e son líderes empatados a puntos co Eume pero con mellor goal average. A vindeira xornada descansan.
O benxamín A gañou 3-0 ó Ánimas B, goles de Chema, Mateo e Javi, e situase 5º cun partido menos. A semana que ven visitarán ó líder O Val B.
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
O benxamín B perdeu 7-0 co Ánimas, van cuartos, e reciben ó San Pedro a semana que vén.
Nun gran encontro o prebenxamín A perdeu 5-6 co Galicia de Mugardos, tantos de Joan (3), Alejandro e Adrián. A semana que ven visitan ó Galicia de Caranza.
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
Os máis pequeniños, o prebenxamín B, perdeu 10-2 co Galicia de Caranza C. A semana que vén xogan co Val en casa.
Descansaron o segundo equipo e o alevín B.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios