RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

Moi malas noticias nos chegan desde Cerceda onde o primeiro equipo perdeu contundentemente ante o líder Cerceda, 5-0. Complícanse moito a vida, pois a pesar de que son décimos con 36 puntos e os postos de descenso están a nove puntos, en dúas semanas descansan e dentro de tres visitan ó Ourense, asi que hai que gañar imperiosamente ó Vilalonga a asemana que vén no Campo do Poboado.
Moita tristexa a que nos trae o xuvenil de Liga Nacional que perdeu na Coruña ante o Montañeros B por 3 a 0, en dúas semanas cero de seis puntos ante rivais directos e que incluso ían por detrás na clasificación. Mes de marzo moi longo o que lle espera ó equipo de Carballo que o vindeiro fin de semana descansa por mor dos campionatos de España xuvenil e cadete, e que o último fin de semana de mes recibe ó líder Celta B. O xuvenil xa é terceiro pola cola, descenden cinco, con 21 puntos, pero a situación está tan comprimida que con apenas dous puntos sairía de postos de descenso, a iso é ó que se hai aque aferrar de aquí ó final de temporada, pero é preciso que cheguen as victorias pois desde o triunfo contra o Calasanz (1-2), en doce partidos, unha victoria contra o Ural (2-1), cinco empates e seis derrotas. A única alegría da semana é a nova e cuarta convocatoria de Alex Cabarcos pra o último adestramento da selección galega sub18 que se vai a celebrar este vindeiro martes, e tendo en conta que so foron chamados dezaoito xogadores e que a selección se desplaza ó País Vasco o xoves, todo indica que Alex estará na segunda fase xogando contra Ceuta e a Rexión Murcia pero xa iremos informando ó longo da semana cando se faga pública a convocatoria oficial.
Moi ben o xuvenil da Liga da Ría, gañou 1-2 en Mugardos contra o Galicia, tantos de Manu e o goleador Javi, lástima que os catro grandes que van arriba non fallan, e a clasificación agora está así, Ánimas 60, Cedeira 57, Perlío 56, Narón 54 e As Pontes 52. A semana que vén partidazo no Campo do Poboado, As Pontes-Cedeira, casi nada, os blanquinegros son o equipo que máis puntos está conseguindo no último treito da tempada, asustan, e teñen a moitos xogadores dos que o ano pasado gañaron a Liga Cadete ó todopoderoso Galicia de Caranza. Pero os locais tentarán de plantarlle cara, e de seguro que asi o farán, iso si, necesitan o apoio do público.
Xenial o cadete de Iván Rodríguez que este fin de semana gañou tres partidos a pesar de xogar solo un. Solventou ben o seu compromiso contra o Portuarios en casa, 4-0, dous de Adrián, Keko e Esteban, e veuse beneficiado das derrotas do Eume ante o líder Caranza (3-0) e a sorprendente do Meirás (0-3) ante o Mugardos, o que fai que agora mesmo os de Caranza lideren con 51 puntos, por 49 do As Pontes, Ortigueira 44, Eume 43, Meirás 41 e O Val 40. Partido importantísimo para eles o vindeiro sábado, Eume-As Pontes, clave de cara a intentar garantir a fase de ascenso.
cadete


cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
Xenial as máis noviñas do CD As Pontes que derrotaron por un contundente 3-0 ó líder da categoría, Ortigueira, si ben é certo que as favoritas e moito máis maiores do Val contan cun partido menos. Encarrilou o encontro na primeira metade Laura Permuy tras saque de córner que a defensa acaba metendo dentro, e antes de chegar ó descanso a dianteira Chipy poñía a puntilla. A número 8 das visitantes foi a que máis traballo deu e un tiro seu maxistral de falta foi desviado á cruceta por Alba, xenial outra vez a porteira pontesa nas súas intervencións que non foron poucas. No segundo tempo tiveron as súas oportunidades Nato de falta e Cris García e Carmela, pero foi Chipy, que ten un master en fútbol 8, a que sentenciou estando onde teñen que estar as dianteiras e selando a terceira victoria do As Pontes, a primeira como local, tralas derrotas co Val (2-4) e Meirás (1-2) e as victorias a domiclio contra Cedeira (2-5) e Cariño (1-2). A semana que ven visitan ó Aspirantes no penúltimo partido da primeira volta. Pita xogou con Alba, Andrea Cabarcos, Janira, Carmela, Nato, Antía, Cris Moirón, Natalia, Chipy, Laura, Uxía e Cris García.
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
O infantil despediuse da competición con victoria na última xornada 0-2 ante o Portuarios B, tantos de Nahum Martínez e Brais Blanco, logrando un brillante subcampionato con 47 puntos. Un magnífico Narón levouse a Liga con 52 puntos (Felicidades) tras acabar arrasando e gañar no partido aprazado ó Ortigueira (9-0) e o de onte ó Perlío (3-7), o que deixou ós de Fene sen fase de ascenso, que finalmente xogarán Narón, As Pontes e O Val. No outro grupo partidazo que decidiu a Liga, o Meirás venceu 2-1 ó Racing de Ferrol e gañan a Liga os de Valdoviño cun punto por diante dos verdes. Terceiro o Eume. Eses seis equipos serán os que disputen a fase de ascenso na que so se clasificarán os dos primeiros.
Sensacional o Alevín A que deu un paso de xigante de cara á conquista da Liga, tras vencer 7-4 ó Portuarios B e vingarse asi da derrota no partido de ida (5-2) en Ferrol. Un gran Josiño con 5 tantos (foto), Andrés Pita e Adrián selaron a victoria e os tres puntos, e asimesmo con este importante triunfo varios xogadores locais chamaron ás portas da selección ferrolá alevín. Os azuis de Rebolo lideran a clasificación con 52 puntos, por 46 do Eume e 42 do Portuarios B. A falta de catro xornadas para o final a semana que ven visitan ó EFR Ferrol B.
alevin
alevin
alevin
alevin
O Alevín B plantou cara e so perdeu por 5-2 ante o superequipo do Portuarios que prácticamente sentencia o título ligueiro. Son séptimos con 33 puntos e a semana que vén reciben ó EFR Ferrol E. Marcaron Bruno e Sergio.
Na súa boa liña o Benxamín A que venceu en casa ó cuarto clasificado, San Sadurniño, 3-1, goles de Javi (2) e Mateo, e aseguran o terceiro posto. Por diante O Val B 54, EFR Ferrol B 51, por 45 dos azuis que a semana que vén na penúltima xornada de Liga visitan ó Eume B intentando conseguir a súa decimosexta victoria.
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
Non tivo o seu día o Benxamín B e perdeu 9-0 co terceiro Portuarios. Seguen oitavos con 13 puntos e o sábado que vén reciben no Poboado ó quinto, Perlío, na penúltima xornada.
Ben o Prebenxamín A que gañou 4-2 anque sufriu pra vencer ó colista. Sitúanse sextos con 32 puntos e a súa última visita ligueira farana o vindeiro sábado na casa do Barallobre, antepenúltimo. Tantos de Jandro, Alex, Mario e Joan.
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
Os máis pequeniños do Prebenxamín B perderon 5-0 na casa do ante penúltimo clasificado, o Ánimas de Ferrol. Non terán unha fácil despedida na casa, pois reciben ó líder EFR Ferrol, que suma 18 victorias con 222 goles a favor nin máis nin menos.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios