RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

O segundo equipo do As Pontes logrou unha contundente victoria, 0-5 ó San Mateo, e da un paso de xigante para o ascenso, pero os seus rivais, Miño e Estrella tamén gañaron e agora a clasificación queda con Caranza 65 puntos, As Pontes e Miño 57 por 55 do Estrella. A vindeira xornada o Miño visita ó Narahío, quinto, e o Estrella recibe ó Canido, noveno. O As Pontes terá a complicada visita do campión Galicia de Caranza, que anque non se xoga nada é o mellor equipo da categoría. Ós azuis válelles o empate pero precisan que o campo estea cheo de afeccionados. Pedro, con tres tantos, Borja e Junior marcaron os goles do conxunto pontés.
O equipo feminino empatou en Tordoia a dous goles (2-2), un punto moi positivo e importante. No grupo, e a falta de saber o resultado entre Monte Forte e Milagrosa, as pontesas teñen 10 puntos, por 6 da Milagrosa, 3 de Monte Forte e 1 de Tordoia. De gañar a Milagrosa en Monforte o As Pontes xa estaría clasificado, se non precisarían cando menos dun punto nos dous complicados encontros que lles quedan ante Monte Forte e Milagrosa, cousa que non sería doada.
findesemana_001.jpg


Postos a pedir quedar primeiras de grupo estaría moi ben pois o equipo saltaría unha rolda, a de dezaseisavos de final, que sería presumiblemente contra o Choco de Redondela para xogar directamente en oitavos de final contra o Bértola. No encontro xogado no Campo de O Rego e arbitrado polo colexiado Eduardo Casal Taboada Salido aliñou a Leti, Yaiza, Lau, Jani, Slivia, Lara, Clara, Noelia, Alba, Carlota e Carliña (Candela 49´ Mireia 77´). Doblete de Lau, goles ós que responderon as coruñesas con sendos empates. Como dato anecdótico a gran Lau suma 18 goles en partidos oficiais e está a un da capitana Dopico e a dous de Paty Blanco. A vindeira semana importante partido contra o Monte Forte no Poboado. Tamén necesitan o apoio do público.
Pola súa banda, o conxunto B goleou na mañá do sábado ó Cedeira no Poboado por cinco goles a un (5-1), con tantos de Chipi, en tres ocasións, Antía e Yanira. Polo As Pontes xogaron Alba, Cristina, Chipe, Yanira, Laura, Andrea Cabarcos, Carmela, Antía, Patricia, Andrea Pita e Eloís.
O equipo infantil perdeu os seus dous encontros disputados esta semana a domicilio pola mínima, co que se despide das escasas opcións que tiña de xogar a fase de ascenso. O mércores en Pontedeume (3-2) e este sábado en Narón por 2-1, con gol de David Rey. A falta de catro xornadas o Meirás practicamente garante a súa presenza con pleno de puntos, 18. Pola segunda praza semella que loitarán Eume (11), Racing de Ferrol (10) e Narón (10), quinto queda o As Pontes con 3 puntos por ningún O Val, precisamente este dous equipos enfrontaranse o mércores no Poboado e o sábado o As Pontes irá a Valdoviño a competir contra Meirás dos Hugo Baamonde, Borja Alvariño, Iago López, Kevin Souto …
O alevín A despediu a liga empatando a 2-2 (goles de Jandro e Esteban) co cuarto clasificado Racing de Ferrol C, co que remata a competición con 19 victorias, 2 empates e unha derrota, 59 puntos. Seguen na clasificación con 55 puntos o Eume, Portuarios B 48, Racing de Ferrol C 47 e Galicia de Caranza 43 puntos. Complicado o terán os de Rebolo na fase de campións, pois os seus dous rivais, Portuarios e Caranza D so cederon un empate en 24 partidos nos seus respectivos grupos. O día 13 abren a competición Portuarios e Caranza, ó día seguinte o Portuarios visitará As Pontes para rematar a fase o sábado 16 visitando o As Pontes ó Galicia de Caranza. Os dous primeiros clasificados xogarán a fase galega. Sinalar que o goleador Josiño non puido celebrar o título de liga cos seus compañeiros, xa que foi convocado polo cadro infantil nun intranscendente choque contra o Narón.
O alevín B tamén despediu a liga perdendo 5-3 (dous de Sergio e un de Alberte) ante o Eume Deportivo B e acaban a liga en sétima posición con 39 puntos, 12 vitorias, 3 empates e 9 derrotas.
Asemade tamén comezou a competición de Copa nas categorías benxamín e prebenxamín. O benxamín A comezou dunha maneira inmellorable gañando 0-4 (goles de Alejandro -2-, Chema e Mateo) en San Sadurniño, equipo que o precedeu na competición de liga na que foron terceiros. O benxamín A é o que máis posibilidades ten de acceder á fase final nun torneo onde as derrotas custan a eliminación, pois so pasan os seis primeiros e os dous mellores segundos. A semana que ven descansan.
Peor lle foron as cousas ó benxamín B que perdeu en casa 1-2 (gol de Xan) co Miño, co que diminúe as súas posibilidades de clasificación. A semana que vén visitan ó perigoso Galicia de Caranza D.
O mesmo se pode dicir do prebenxamín A que perdeu 3-6 (Joan foi o autor dos tres tantos do seu equipo) co San Pedro e nesta competición prebenxamín si que só pasan os primeiros de cada grupo. A semana que ven agardan resarcirse na súa visita ó Barallobre.
findesemana_001.jpg
findesemana_001.jpg
findesemana_001.jpg
findesemana_001.jpg
findesemana_001.jpg
findesemana_001.jpg
findesemana_001.jpg
findesemana_001.jpg
findesemana_001.jpg
findesemana_001.jpg
findesemana_001.jpg
findesemana_001.jpg
findesemana_001.jpg
findesemana_001.jpg
findesemana_001.jpg
findesemana_001.jpg
findesemana_001.jpg
findesemana_001.jpg
findesemana_001.jpg
findesemana_001.jpg
findesemana_001.jpg
findesemana_001.jpg
findesemana_001.jpg
findesemana_001.jpg
findesemana_001.jpg
findesemana_001.jpg
findesemana_001.jpg
findesemana_001.jpg
findesemana_001.jpg
findesemana_001.jpg
findesemana_001.jpg
findesemana_001.jpg
findesemana_001.jpg
findesemana_001.jpg
findesemana_001.jpg
findesemana_001.jpg
findesemana_001.jpg
findesemana_001.jpg
femenino_1.JPG
femenino_2.JPG
femenino_3.JPG
femenino_4.JPG
Nova cortesía de Xosé Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios