RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

O primeiro equipo puido selar hoxe matemáticamente a súa permanencia, pero tras ir gañando volveu perder outra vez nos últimos minutos na casa do veciño Vilalbés (2-1). De todas formas, salvo que descendan tres equipos galegos de Segunda B, o equipo azul permanecería un ano máis na Terceira División, pero ata que remate a Liga na categoría superior non se pode certificar pois tanto Pontevedra, Montañeros, Deportivo B e Coruxo están en postos de perigo. A semana que vén reciben ó Mesón do Bento no Poboado, curiosamente os dous equipos que ascenderon o ano pasado e que a día de hoxe están casi salvados.


Sensacional o segundo equipo do As Pontes que pese a xa conseguir o gran obxectivo do ano, o ascenso, e xogar a Copa sen moita presión, no choque entre os dous mellores equipos da categoría arrancaron un empate a dous co Caranza en Ferrol. A semana que vén a volta no Campo do Poboado.
Mal día tivo o xuvenil de Liga Nacional que perdeu 5-0 en Vilagarcía de Arousa. Os ponteses ocupan a derradeira posición con 21 puntos, a oito da salvación quedando cinco encontros, recibindo nun partido decisivo ó Calasanz a semana que vén. Sen embargo o resultado foi o de menos, xa que o peor foron os graves incidentes que se rexistraon ó remate do encontro cando dous futbolistas ponteses foron asaltados e mallados a paus por varios espectadores cando se dirixían ós vestiarios, feito que acabou cos dous xogadores do As Pontes que tiveron que recibir asistencia hospitalaria. Tanto o Arousa coma o As Pontes e as forzas de seguridade presentaron a correspondente denuncia polos lamentables feitos protagonizados por uns individuos ós que non se lles pode chamar afeccionados, os cales xa están identificados e de seguro recibirán a súa correspondente sanción..
Importante victoria do xuvenil de Liga da Ría que venceu 4-2 ó Aspirantes. Complicabanselles ás cousas ós de Javi cando os ferroláns igualaban a dous mediado o segundo tempo, pero o multiusos Darío a piques estivo de marcar cun cabezazo ó longueiro tras saque de córner, e logo o gran Javi, que meteu os dous primeiros, orientou o balón coa cabeza ante a saída do porteiro visitante pero logo coa porta baleira mandou o balón por alto. Era so o preludio dos goles de Santalla e Rubén que outorgaron os tres puntos pra os azuis á espera do encontro que pecha a Liga no que visitarán ó San Pedro. Perlío e Ánimas con 75 puntos disputarán a a fase de ascenso, quedando o Cedeira (71) coa mel nos beizos. O As Pontes é cuarto con 64, tendo o Narón 63. Logo da Liga esperalles a Copa no que quedaron encadrados no mesmo grupo que naroneses, Numancia de Ares e San Pedro. So pasa o primeiro a semifinais. Xogaron Kriky, Diego (Samu) , Rubén, Beto (Simón), Darío, Hugo (Álvaro), Javi, Jacobo, Capela (Santalla), Lechuga e Sergio Criado. A destacar o debut do medio centro cadete Álvaro co equipo xuvenil.
xuvenil_b_001.jpg
xuvenil_b_001.jpg
xuvenil_b_001.jpg
xuvenil_b_001.jpg
xuvenil_b_001.jpg
xuvenil_b_001.jpg
xuvenil_b_001.jpg
xuvenil_b_001.jpg
xuvenil_b_001.jpg
xuvenil_b_001.jpg
xuvenil_b_001.jpg
xuvenil_b_001.jpg
xuvenil_b_001.jpg
xuvenil_b_001.jpg
xuvenil_b_001.jpg
xuvenil_b_001.jpg
xuvenil_b_001.jpg
xuvenil_b_001.jpg
xuvenil_b_001.jpg
En canto ó feminino de Liga Comarcal, nos primeiros dez minutos sentenciou o As Pontes o seu triunfo ante o cadro cariñés co poker de goles de Paula López Alvariño “Chipy” (4), que coa exhibición de hoxe xa suma 27 goles co equipo azul (23 co B, 4 co A). Nos restantes minutos da primeira metade e no segundo tempo as de Salido e Pita puideron marcar aínda máis goles pois gozaron de moitas ocasións, incluso as de Cariño, pero o marcador non se moveu e o As Pontes consigue a súa quinta victoria en 11 partidos e suma xa 16 puntos, situándose momentáneamente na quinta posición. Restalle visitar ó Ortigueira a semana que vén, recibir ó Aspirantes e despedirá a Liga ante o Narón BP. Xogaron Alba, Lía, Carmela, Patri Rochela, Sabela, Antía, Andrea Pita, Natalia, Chipy, Laura Permuy, Uxía, Cris García e Eloise.
femenino_b_001.jpg
femenino_b_001.jpg
femenino_b_001.jpg
femenino_b_001.jpg
femenino_b_001.jpg
femenino_b_001.jpg
femenino_b_001.jpg
femenino_b_001.jpg
femenino_b_001.jpg
femenino_b_001.jpg
femenino_b_001.jpg
femenino_b_001.jpg
femenino_b_001.jpg
femenino_b_001.jpg
femenino_b_001.jpg
O infantil de Marcos Roca, perdeu en Ferrol ante o Racing por 6 a 2, tantos de Brais Blanco e David Rey. Segue na quinta posición con 6 puntos e despide a Fase de Campións no Poboado o sábado que vén ante o cuarto, Eume, que ten 11. Meirás con 24 xa está clasificado e pola segunda praza pelexarán Ferrol e Narón que teñen 19 nun partidazo a disputar a vindeira fin de semana no campo de Cadaval. O que gañe xogará a fase de ascenso.
Sensacional triunfo do Alevín B. Xa en Liga sorprenderon gañando 2-3 na casa do segundo clasificado San Sadurniño, con cinco rapaces na selección de Ferrol, e o venres deron boa conta do campión do segundo grupo e que a piques estivo de xogar o Campionato Galego, o Caranza D, e ademáis non por un resultado axustado nin moitos menos, senón por 4 a 1, tantos de Sergio (2), Bruno e Alberte. Comeza con bo pe a súa andaina na Copa pero aínda queda moito percorrido, o sábado sen ir máis lonxe, visitan ó Meirás. Numancia de Ares e Canido completan un grupo no que so clasifica o primeiro.
alevin_b_001.jpg
alevin_b_001.jpg
alevin_b_001.jpg
alevin_b_001.jpg
alevin_b_001.jpg
alevin_b_001.jpg
alevin_b_001.jpg
alevin_b_001.jpg
alevin_b_001.jpg
O Benxamín A empatou ante o líder O Val (3-3) e situase segundo con 4 puntos, a 3 dos naroneses que teñen un partido máis. A semana que ven visitan ó complicado San Pedro que vai terceiro cos mesmos puntos que os azuis, na penúltima xornada, recibindo no último encontro ó Caranza C. Intentarán sumar os seis puntos en xogo nos dous partidos que restan pra acabar primeiros ou como mínimo ser un dos dous mellores segundos que accedan a cuartos de final. Goles de Chema, Javi e Mateo.
Terceira derrota pra o Benxamín B que caeu 9-0 ante o líder Numancia de Ares e o vindeiro sábado recibirá ó Ánimas B na penúltima xornada da Copa.
O Prebenxamín A perdeu na casa 1-2 co Val e despediuse das súas opcións de poder acceder a semifinais tras sumar a segunda derrota, praza pola que semella que van loitar San Pedro e O Val. Os azuis visitarán o sábado ó terceiro clasificado EFR Ferrol C. O tanto como non do goleador Joan.
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
Os máis novos do Prebenxamín B perderon 7-0 ante o Narón BP B, e a semana que vén reciben ó Galicia de Caranza C que tampouco sumou ningún punto no que vai de Copa.
Nova cortesía de Xosé Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios