RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

O cadro de Lemos empatou este sábado ante o Somozas en un duelo directo e de rivalidade. Os de Somozas xogaron con dez durante 70 minutos pero aínda asi puxeronse por diante anque o goleador Hugo Soto encargouse de nivelar a contenda. Puido andiantar Bossa ós azuis pero fallou un penalti, pena máxima que si anotou o ex xogador do As Pontes Edi preto do final do encontro semellando que lle ía a outorgar ós tres puntos ós locais. Pero no desconto Hugo Soto volveu a empatar sumando un valioso punto para un As Pontes que ten 7 na 13º praza e este mércores noutro duelo directo recibirá ó Dorneda no que xogan os irmáns ponteses Adrián e Elmer Bouza Campello. Xogaron Simón, Moncho, Javi, Cata, Angériz, Chote, Coedo (Fernando 80´), David Amado (Dieguito 60´), Hugo Soto, Chicho (Bossa 46´) e Sergio Arias.
As cativas de Salido lograron un brillante empate a 1-1 no seu desprazamento a Santiago para xogar co Villestro, marcou Noelia de penalti. Suman 10 puntos tras 6 xornadas e este mércores descansan.
O segundo equipo do As Pontes non disputou o seu encontro desta fin de semana ante o Galicia de Caranza pola folga que manteñen os clubes da Comarca de Segunda e Terceira Autonómica pola suba dos prezos das tarifas arbitrais.
O xuvenil de Liga Galega perdeu 4-0 ante o líder Galicia de Caranza, tras chegar ó descanso con empate a 0-0. Noutro duelo de rivalidade os azuis recibirán este sábado ó Eume Deportivo. O As Pontes precisamente incorporará esta semana a un xogador do Caranza, Javi Villar. Son 12º con catro puntos.
Sensacional o segundo xuvenil que venceu 2-1 ó ex lider Meirás. Situanse segundos con seis puntos, a un do Cedeira, visitando a semana que ven ó cadro do Cariño. Xogaron de inicio Jairo, Esteban, Guino, Diego, Gonza, Darío, Pablo, Alberto, Tiny, Galego e Lucho. Un dos tantos foi anotado por Galego.
xuvenil_01.jpg


xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
O equipo cadete de Marcos Roca xogará o seu compromiso copeiro este mércores ás 11 ante o Racing San Pedro B.
O infantil de Iván Rodríguez empatou a 2-2 ante o Narón BP B. Esta fin de semana visitan ó Eume Deportivo, ó que lle vale un punto para garantir a súa clasificación a cuartos de final da competición de Copa, despois de 4 victorias contundentes, 35 goles a favor por un en contra. Os de Pontedeume xa venceron 0-5 en As Pontes, pero o punto sumado en Narón semella que lles servirá ós azuis para acabar no seu grupo nunha máis que meritoria segunda praza. Os tantos foron obra de Raquel e Alex Blanco de penalti.
Este fin de semana comezaron as Ligas alevín, benxamín e prebenxamín.
O Alevín A local comezou de maneira arrolladora vencendo 1-11 ó Cariño situandose lider momentáneo empatado co Caranza B, que tamén gañou 11-1 ó Meirás, á espera de recibir no Poboado ó Caranza D.
O Alevín B non correu a mesma sorte e perdeu 1-3 co cadro ferrolán do Ánimas. A semana que ven xogarán co EFR Ferrol E que esta semana descansou. (Por asuntos propios con incompatibilidade de horarios lamentamos non poder dispoñer de fotos).
O Benxamín A pola súa banda perdeu 1-4 co Racing San Pedro B no seu estreo ligueiro. Dificilísimo rival terán a semana que ven visitando o EFR Ferrol que onte gañou 0-14 ó Eume Deportivo. O tanto foi anotado por David.
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
O Benxamín B perdeu 9-1 ante o Galicia de Caranza B no seu estreo. Xa no Poboado xogarán este sábado contra o Meirás, que perdeu 0-5 co Miño.
Sensacional apertura de Liga para o Prebenxamín A que este sábado derrotou por 12 goles a 0 ó Galicia de Caranza D. Daranse o gustazo de visitar de líderes ó Rapido de Neda B que onte perdeu 4-1 ante O Val. Isma (foto) anotou catro, Iker (2), Sergio (2), Mario (2), Lois e Yadai.
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
Os máis noviños do Prebenxamín B debutaron con unha digna derrota por 4-2 o venres en Pontedeume ante o Eume Deportivo. Este sábado xogarán en casa ante o Galicia de Caranza B.
Pra máis información http://aspontesenfeminino.wordpress.com/
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios