RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

Abrimos este capítulo coa feliz noticia da nova convocatoria de Alex Cabarcos co combinado galego sub18, nunha convocatoria na que o seleccionador voltou a convocar ós mesmos 26 xogadores que a semana pasado, dando por entendido que desta criba sairán os 18 que representarán a Galicia na primeira fase do Campionato de España. Anque na convocatoria volverá a faltar o porteiro Rubén Blanco que está a disputar estes días a primeira fase de Clasificación ó Europeo Sub17 Eslovenia 2012, no que España, xa clasificada tras gañar a Montenegro (1-2) e Malta (0-6) xogará mañá ante Polonia polo primeiro posto do grupo. Non acontece o mesmo na selección sub16 onde o seleccionador está facendo probaturas e so repiten 13 xogadores e leva a os outros 13 novos entre os que non está Enrique Fornos.
Sensacional empate a 0-0 do equipo feminino ante un dos gallitos da categoría, o terceiro clasificado, Pastoriza, co que as de Salido suman 14 brillantes puntos en oito partidos. A semana que vén xogarán contra un vello coñecido e oso duro de roer, a Milagrosa.
O Xuvenil de Liga Galega está nunha mala situación pois en seis partidos suma cinco puntos, con unha victoria, dous empates e tres derrotas, como a que sofriu onte en Cambre ante o brexo Lema (1-0), o que o sitúa nunha perigosa 15º praza con tan so tres rivais por detrás (Calo, San Ciprián e Xuventu Aguiño) recibindo o sábado a un conxunto nada doado como é o do Residencia ante o que precisarán do apoio do público.
O xuvenil da Liga da Ría colleitou un empate esta mañá ante o Perlío, 1-1, e suma oito puntos en cinco encontros na séptima praza, visitando a semana que vén ó líder Galicia de Caranza. Marcou o gran medio centro Alberto.
xuvenil_0001.jpg


xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
xuvenil_0001.jpg
Boas novas trae o cadete que tras gañar o xoves 0-7 ó Amistade de Meirás no encontro aprazado no seu día, onte venceron 1-3 en Fene á Cultural Maniños sentenciando o seu pase a semifinais, cruce no que semella que xogarán contra O Val, no outro pinta para Galicia de Caranza contra Racing San Pedro, anque de momento aínda quedan dúas xornadas para concluir a primeira fase.
Na competición infantil o Eume, O Val, Portuarios e Racing de Ferrol clasificaronse para as semifinais de Copa.
O Alevín A gañou nun duelo directo ó Eume B por 3 goles a 2, polo que agora comparte liderato con Galicia de Caranza B e Amistade de Meirás. A semana que ven visitará ó colista Meirás. Dous de Alberte e un de Sergio Otero. (Lamentamos non poder disponer de imaxes).
O Benxamín A fixo un gran partido e a piques estivo de dar a sorpresa ante o líder Galicia de Caranza que gañou 1-2. Difícil visita á que teñen que rendir o sábado que vén ante o segundo, Perlío B. O gol local foi en propia meta.
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
O Benxamín B pola súa banda perdeu 3-1 co Cedeira B. A semana que ven reciben ó Perlío.
O Prebenxamín A perdeu ante O Val 6-0 e xogarán o próximo sábado ante o colista Cedeira B.
Os máis noviños do Prebenxamín B perderon 0-3 ante o Cedeira. O próximo sábado terán que ir a Ferrol a enfrontarse ó Ánimas.
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
Máis información en http://aspontesenfeminino.wordpress.com/
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios