Amigus
As Pontes

RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CLUBE ATLETISMO OLYMPO EN LUGO E FERROL (14/15-01-2012)

O sábado disputouse en Lugo a 2ª carreira do Circuito Corre con Nós ó que se achegaron bastantes participantes ponteses, entre eles 12 atletas do Clube Atletismo Olympo.
A pesar do frío as rúas estaban cheas de espectadores dispostos a ver ós máis de 1000 atletas de tódalas categorías que competiron nunha carreira nocturna de 4 kilometros que discorreu polo centro de Lugo.
A proba absoluta rematárona 884 atletas, sendo o gañador da proba o grandísimo atleta lucense Gustavo Platas Vidal, acompañado no podio por Nicolás Arrojo (gañador da primeira proba) e Fernando Pérez. En categoría feminina a gañadora foi Patricia García, que encabeza a clasificación absoluta feminina do circuito, seguida de cerca pola xove Marta Casanova e por Noemí Moral.
olympo_01.jpg


No referente ós atletas do Olympo destacar unha boa participación, e moi bos resultados, nesta característica proba nocturna.
Modesto Barro Rochela, 53 na xeral, 4º na súa categoría (13:54)
Ángel Cañizares Sánchez, 94 na xeral, 13º na súa categoría (14:29)
Sito Vilasuso Pita, 128 na xeral, 34º na súa categoría (14:52)
Fernando Vilaboy, 168 na xeral, 22ª na súa categoría (15:15)
Abel Pérez Corral, 204 na xeral, 47º na súa categoría (15:32)
Alejandro Alarcon Giraldo, 232 na xeral, 27º na súa categoría (15:48)
César Ramil Ferreiro, 279 na xeral, 61º na súa categoría (16:07)
Susana Castro Pena, 310 na xeral, 14ª muller, 1ª na súa categoría (16:23)
Susana Bellas Bermúdez, 448 na xeral, 27ªmuller, 7ª na súa categoría (17:26)
Ana Dopico Rodríguez, 449 na xeral, 28ª muller, 9ª na súa categoría (17:43)
Virginia Polo Campello, 483 na xeral, 32ª muller, 11ª na súa categoría (17:43)
Xalo Maira Pernas, 494 na xeral, 98º na súa categoría (17:49)
Dun total de 884 chegados á meta
Os atletas do Olympo tamén competiron o domingo na mítica Carreira Popular de San Xiao, en Ferrol.
Cinco atletas do equipo se xuntaron nesta proba, dos cales, e moi meritoriamente, tres estiveron o sabado en Lugo e o domingo pola mañá en Ferrol para completar os 10 kilómetros de percorrido desta proba, con moi bos resultados.
A orde dos chegados á meta foi ó seguinte:
Modesto Barro, 43 da xeral, 9º da súa categoría (35:17)
Luis Vilasuso, 84 da xeral, 28º da súa categoría (36:58)
Manuel Ferro, 111 da xeral, 34º da súa categoría (37:49)
Virginia Polo, 331 da xeral, 8ª muller, 3ª da súa categoría (44:31)
Rocío Fontao, 458 da xeral, 28ª muller, 7ª da súa categoría (52:42)
Dun total de 479 chegados á meta.
olympo_02.jpg
olympo_03.jpg
olympo_04.jpg
Nova cortesía Susana Castro

También podría gustarte
Comentarios