RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

Derrota do equipo feminino en Lugo ante a Milagrosa por 3-0. O encontro foi moito máis igualado do que reflicte o marcador e con moitas ocasións para ambos conxuntos, pero os goles de Melodi no 49´ e de Emma no 71´e 90´ acabaron coas esperanzas do xove equipo pontés. O partido disputouse no Campo Luis Gorgoso e foi arbitrado por José González Lazare. Xogaron polo As Pontes Leti, Mireia, Andrea Pita (Janira 61´), Jani, Silvia, Lara (Cris Moirón 61´), Laura, Alba (Laura P. 73´), Chipy (Sabela 84´), Carlota, Lía (Patri Rochela 73´). As pontesas son sextas con 22 puntos e pra a semana que vén reciben ó coco da categoría, o Orzán B liderado pola internacional española sub17, con dous anos menos, e campiona de España de Atletismo, Patricia Carballo Penas (Xentileza de Emma).
femenino01.jpg


femenino01.jpg
femenino01.jpg
O segundo equipo do As Pontes empatou onte en Ferrol ante o Ánimas (1-1), gol de Pedro, que vive unha segunda xuventude. O Miño está con 43 puntos, Caranza con 40, eles con 38, e San Mateo ten 34. A semana que ven descansan, dentro de dúas van a Narahío e o último fin de semana do mes reciben ó líder. Importante mes de febreiro no que hai que tentar de sumar o maior número de puntos posible.
O Xuvenil da Liga da Ría non puido facer nada ante un Perlío que hoxe asaltou o liderato no campo do Poboado, gañaron 0-3 perante a un equipo azul que deu todo o que puido, pero os de Fene nos últimos minutos incluso puideron ampliar o marcador pero un tiro ó longueiro a porta baleira e un Kriky espléndido desbaratou as ocasións. Emocionantísima Liga, Perlío 47 puntos, Ánimas e Cedeira, 45, As Pontes 42, e dous que se suman á festa e veñen subindo como a escuma, Narón con 42 e Cebarca con 39. Precisamente a Cerdido van os azuis a semana que ven a xogar contra o complicadísimo equipo local. Xogaron, Alex, Diego, Rubén, Beto, Samu, Hugo, Isma López, Manu, Sergio Criado, Lechuga e Darío. No segundo tempo entraron Krirky, Marcos, Simón, Capela e Jacobo.
xuvenilb_01.jpg
xuvenilb_01.jpg
xuvenilb_01.jpg
xuvenilb_01.jpg
xuvenilb_01.jpg
xuvenilb_01.jpg
xuvenilb_01.jpg
xuvenilb_01.jpg
xuvenilb_01.jpg
xuvenilb_01.jpg
Moi boas noticias as que nos trae o equipo cadete tralo seu agardado triunfo na casa do colista Miño por 0-9. Interesantísima tamén está a Liga cadete, agora mesmo Caranza e As Pontes teñen 39 puntos, Ortigueira e Eume, 37 e acechando O Val con 34. A semana que ven descansan, e á seguinte visitan ó Rapido de Neda.
Sufrida pero importantísima victoria do Alevín A ante o Galicia de Caranza por 2 a 1, tantos de Josiño (foto). Os locais seguen líderes con 40 puntos, 4 de ventaxa sobre un Eume que non se achica e ten un partido menos, 32 ten o Portuarios B. A semana que vén descansan.
alevin_01.jpg
alevin_01.jpg
alevin_01.jpg
alevin_01.jpg
alevin_01.jpg
alevin_01.jpg
Moi bo triunfo do Benxamín A en Neda por 1-2. Consolidanse na terceira praza con 30 puntos e a semana que vén reciben ó Barallobre. Goles de Chema e Alejandro.
O Benxamín B perdeu 2-6 co Eume. Seguen oitavos con dez puntos. A semana que ven xogarán contra o EFR Ferrol, que vai dous postos por debaixo. Goles de Nono e Xan.
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
Moi ben tamén o Prebenxamín A que gañou 1-7 ó Rapido de Neda e son quintos con 25 puntos recibindo o sábado que ven ó segundo clasificado, Perlío. Tantos de Joan (3), Jandro (2), Javi e Adrián.
Os máis pequenos do Prebenxamín B caeron 0-6 ante o Portuarios. A semana que ven xogan contra o Galicia de Caranza B.
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios