Amigus
As Pontes

Resultados de Miguel Alvariño no Campionato de España de Sala 2012

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Rematado o Campionato de España de Tiro con Arco en Sala celebrado en Valdemoro (Madrid) no clube Sílex toca facer valoración. O aqueiro que se desprazou ata alí, Miguel Alvariño García, fixo unha clasificatoria bastante boa, acadando o posto 14º de 24 participantes, o que lle deu a posibilidade de entrar no cadro de eliminatorias. Neste tivo a Javier González Torres (3º na clasificatoria) como primeiro rival, ao que non puido vencer perdendo 6 a 2. Con isto remata o VIII Campionato de España de Tiro con Arco en Sala Xuvenil na 9ª posición final. Primeiro campionato nacional nesta categoría e un resultado calificado como moi bo, dado o nivel dos primeiros clasificados.

Miguel-Alvarino.jpg
O arqueiro pontés, o sábado, durante a eliminatoria de oitavos de final.

Por outra parte, foi a terceira mellor puntuación de arqueiros da Federación Galega, os cales conseguiron que o equipo puidese entrar no cadro de eliminatorias do XXXVIII Campionato de España Absoluto de Comunidades Autónomas, clasificado no 7º lugar. O enfrentamento foi contra o equipo da Comunidade de Madrid, co que perderon por so 5 puntos (231 – 226) e que acadou a medalla de ouro no campionato. Galicia foi, con ese 226 puntos, a maior puntuación dos equipos eliminados en cuartos de final, o que supón quedar en 5º lugar na clasificación final.
Equipo-Recurvo-Galicia.jpg
Iria Grandal, Jenifer Bartuca e Miguel Alvariño (Equipo Recurvo de Galicia), xunto a Manuel Buitrón designado
capitán de equipo pola Federación Galega para este Campionato.


• Clasificación final Campionato de España Xuvenil categoría Recurvo Homes
• Clasificación final Campionato de España Equipos Autonómicos
• Tódolos resultados finais e clasificatorios do Campionato
Nova cortesía Club Sílex de Tiro con Arco

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios