RESULTADOS DO CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2/3 DE FEBREIRO DE 2013

TERCEIRA DIVISIÓN (Betanzos-As Pontes, 2-3)
Importante e necesaria vitoria do As Pontes en Betanzos por 2-3, a primeira dende a tempada 1998/99, tamén Terceira División (0-1). Os betanceiros chegaron a empatar por dúas veces os tantos de Esmorís e Sergio Arias, pero a cinco minutos do final un tanto de Bossa sitúa ó As Pontes con 34 puntos e na novena posición da clasificación. Balón de osíxeno para os azuis alonxando en dez os puntos ó descenso nunha xornada negativa cos triunfos de Racing Vilalbés, Barbadás, Negreira, Céltiga, e os empates de Bergantiños, Vilalonga e Ourense. Por riba, o calendario nas próximas xornadas é complicado, recibir no Poboado a Deportivo B e Alondras e visitar os campos do Rápido de Bouzas e Cerceda, onde haberá que traballar arreo para sacar algún punto. Pero, por algo se comeza, onte triunfo vital en Betanzos.
benxamina


2ª AUTONÓMICA (Barallobre-As Pontes B, 1-6)
Bo triunfo do segundo equipo ante o pechacancelas Barallobre (1-6). Terceiros, con 36 puntos, empatados co Numancia, a dous de Neda e a tres de Miño, partidazo a vindeira fin de semana ante o Rápido de Neda.
2ª DIVISIÓN FEMININA (Atl. Melide-As Pontes, 1-0)
Derrota do equipo feminino en ante o Atlético Melide (1-0). Quintas con 30 puntos, faltando dúas xornadas para o final, queda recibir ó líder, Dubra, e visitar o campo do Tordoia. Xogaron polo As Pontes: Leti, Sara (Nato, 45´), Mireia, Silvia, Malena, Lía, Patri Dopico, Noelia, Carlota, Alba (Patricia Rochela, 70´), Paula. Máis información en http://aspontesenfeminino.wordpress.com
LIGA GALEGA XUVENIL (Residencia-As Pontes, 2-0)
Perdeu (2-0) o xuvenil en Lugo diante do líder, Residencia. A derrota do Val, deixa moi definidos os dous postos de ascenso para lucenses e Galicia de Caranza con 45 puntos, por 39 dos valexos, aínda que cun partido menos, o que teñen que xogar contra os azuis. Xa descolgados quedan Racing Vilalbés con 33 e Milagrosa e As Pontes con 31, os ponteses con dous partidos menos. Difícil e complicado partido a vindeira semana contra o Viveiro, que se está xogando o descenso.
1ª AUTONÓMICA CADETE (As Pontes-N. Ares, 4-0)
Vitoria do equipo cadete por 4-0 ante o Numancia de Ares nun partido que na tarde do sábado decidiuse disputalo na mañá do domingo no campo dos Calzados da Capela, debido ó mal estado dos campos anexos do Poboado. Seguro que non será o derradeiro encontro dos distintos equipos do As Pontes a xogar en campo capelán, porque por esta temporada os terreos de xogo do Poboado non teñen solución de seguir chovendo como o está a facer este inverno e iso que en Galicia, que todo o mundo saiba, é un país no que chove e ás veces moito. Haberá que tomar medidas unha vez rematadas as competicións ou que pare de chover durante unhas semanas.
O empate do Val en Perlío (1-1) fai que tanto Galicia de Caranza como o equipo valexo sumen 22 puntos. Xa moi lonxe, As Pontes e Perlío, con 14 puntos. Dúas visitas seguidas para os azuis, ó sempre complicado Eume Deportivo e, a Cultural Maniños, para voltar a xogar na casa diante do Meirás.
1ª AUTONÓMICA INFANTIL (Cedeira-As Pontes, 0-4)
Brillante vitoria do conxunto infantil en Cedeira por 0-4 (Josiño -2- Ayrton e Sergio), co que mantén o pulso co Racing, que ten 21 puntos, As Pontes e Ortigueira 19, e O val e Portuarios 16. O sempre complicado Eume Deportivo, que marcha sexto, visita O Poboado a vindeira semana.
ALEVÍNS (Val-As Pontes, 2-0 / As Pontes B-G.Caranza C, 3-1)
O alevín A perdeu (2-0) na casa do terceiro clasificado, O Val. Son oitavos con 4 puntos e reciben a semana que vén ó Portuarios B, que suma os mesmos puntos. No outro grupo, vitoria do alevín B (3-1) ante o Galicia de Caranza C. Segundo triunfo e sétimos con 6 puntos visitan ó Cultural Maniños a semana que vén.
BENXAMÍNS (As Pontes-Cariño, 6-1 –/Ánimas-As Pontes B, 7-1)
O benxamín A gañou por 6-1 (Joan -3- Javi, Jandro e Adrián) ó Cariño e mantén o pulso co Rápido de Neda que marcha de líder con 22 puntos por 21 dos azuis. Con 16 xa quedaría o Meirás. O vindeiro sábado visitan ó Galicia de Mugardos. O benxamín B perdeu 7-1 (gol de Xoel) en Ferrol diante do Ánimas. Son novenos con 4 puntos e reciben ó San Sadurniño que marcha último pero cun só punto menos.
benxamina
benxamina
benxamina
benxamina
benxamina
benxamina
benxamina
benxamina
benxamina
benxamina
benxamina
benxamina
benxamina
benxamina
benxamina
benxamina
benxamina
benxamina
benxamina
benxamina
benxamina
benxamina
PREBENXAMÍNS (R.Neda-As Pontes, 7-0 / As Pontes B-Cedeira B, 6-1)
O prebenxamín A baixou ata o derradeiro posto, compartido co Val, trala súa derrota por 7-0 ante o segundo clasificado, Rápido de Neda B, que suma 18 puntos por 21 do Galicia de Caranza. Os azuis teñen un punto e a semana que vén reciben ó Narón BP. No outro grupo, sensacional vitoria do prebenxamín B que venceu 6-1 ó Cedeira B logo de realizar un gran partido, e sube á oitava praza con catro puntos. Marcaron os tantos Antón (3), Álex Blanco (2) e Carlos. O vindeiro sábado visitan ó Racing de Ferrol C, que aínda non puntuou.
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
prebenxaminb
Nova cortesía de Xosé Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios