RESULTADOS DO CLUBE ATLETISMO OLYMPO EN FRIOL
Intensa fin de semana a do Clube Atletismo Olympo, que participou en varias probas desputadas no Concello lucense de Friol este domingo.
No Campionato Galego de Cross curto, participou Miguel Vilaboy Romero, que foi 137º, nunha carreira gañada polo gran Pedro Nimo en homes e Leticia Fernández en mulleres. Por equipos venceu Comesaña SC en mulleres e SG Pontevedra en homes.
No Campionato Galego de Cross Natalia Fraga foi 40ª en Xuvenil, Carla Franco e Paula Tembrás foron 41ª e 68ª respectivamente en cadete. Na mesma categoría Oliver Núñez foi 59ª.
No Memorial Alejandro Lorenzo competiron África Morales, que foi 27ª en Alevín e Aloia Murado, 18ª en Benxamín.
Nova cortesía de Susana Castro e Xose Ferreiro