RESULTADOS DO CD AS PONTES

Malas novas nos chegan desde Cerdido coa derrota do segundo equipo do As Pontes, 2-1 ante o Cebarca. Coa derrota tamén do Caranza comprimese a zona alta con cinco equipos (Caranza, As Pontes, Miño, San Mateo e Bemantes) en catro puntos. A semana que ven reciben ó Moeche.
Sensacional o xuvenil de Liga Nacional que venceu 1-2 en Coruña na complicada casa do Calasanz, teñen 13 puntos, siguen cuartos pola cola, e esta semana teñen un duelo directo coa eterna boa canteira do Bergantiños, e agardan que o público acuda a animalos. Na División de Honra Alcazar e Bansander acheganse á zona de descenso asi que aínda queda a esperanza de que non tódolos descendidos sexan galegos. O conxunto de Carballo xogou con Julián, Gogas, Toti, Juan, Ismael Prieto, Guille, Xavi Pellón, Kilian, Marcos, Alex Cabarcos e Chungui. No segundo tempo entraron Isma López, Beto, Abeás e Santalla. Adiantaronse os coruñeses na primeira metade, pero na segunda con un gol en propia meta empataba o As Pontes e nos últimos minutos un gol de Santalla daba os tres necesitados puntos.
Xenial o cadete adestrado por Iván Rodríguez, que gañou 3-1 ó Naron e xa é segundo con 24 puntos, a tres do Caranza e un por diante do Meirás. A semana que ven xogan contra o Galicia de Mugardos a domicilio.
cadete_1.jpg


cadete_1.jpg
cadete_1.jpg
cadete_1.jpg
cadete_1.jpg
cadete_1.jpg
cadete_1.jpg
Moi ben tamén o infantil que gañou 1-5 no complicado campo do que era cuarto clasificado, o Perlío, 1-5. Aproveitando o tropezo do Caranza, son segundos a dous puntos do Narón e un por diante dos de Caranza. Marcaron o gran Brais Blanco que fixo poker con catro tantos, e un de Iván Jarel. A semana que ven reciben ó Portuarios B.
Recuperouse o Alevín A da derrota a semana pasada ante o Portuarios goleando ó EFR Ferrol B por 7 a 1. Doblete de Martín, Jandro, Jorge Saavedra, e un de Josiño. O empate do Porturios deixa ós azuis líderes con 24 puntos, empatados co Eume. A semana que ven descansan polo abandono do Libunca.
alevin_1.jpg
O Alevín B perdeu 3-1 contra o EFR Ferrol E, e son oitavos con 10 puntos recibindo a semana que ven ó Galicia de Caranza B.
Xenial o Benxamín A que conta todos os seus encontros por victorias agás unha derrota. Esta semana gañaron 6-0 ó Galicia de Caranza C, e son terceiros con 18 puntos, a tres de Ferrol B e O Val B. A semana que ven visitan á emerxente canteira do cuanrto clasificado, o San Sadurniño. Goles de Jorge (2), Chema, Dani Silva, Alejandro, e Javi.
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
O Benxamín B pola súa banda perdeu 9-0 na cancha do líder invicto Galicia de Caranza. Son oitavos con 7 puntos e a semana que vén reciben ó Portuarios.
Moi ben tamén o Prebenxamín A que gañou 3-1 ó EFR Ferrol C, e están en unha meritoria quinta plaza con 13 puntos. A semana que ven van a San Sadurniño. Dous goles de Joan (foto) e Jandro.
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
Os máis noviños do Prebenxamín B perderon 14-0 en Ares, e a semana que ven teñen o gran partido da tempada, no Poboado As Pontes e Ánimas intentarán sumar o primeiro punto no seu casilleiro.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios