Resultados do Clube Grupo Xuvenil As Pontes no fin de semana

Este fin de semana o clube de piragüismo local desprazouse por partida doble.
O sábado a sección de pista disputou o 45º Descenso Internacional do Miño de Ourense,cun percorrido de 17kms. onde o clube desprazou seis padeeiros, que formaron catro embarcacións, estes foron os seguintes:
Hernán Fernández e David Veiga en C1 home senior, que acadaron as prazas 11ª e 14ª respectivamente.
Alberto Permuy-Rafael Feijoo e Carlos Pedreira-Antonio Polo(bolseiro de deportista As Pontes) en k2 home senior, acadando os primeiros o 17º posto (por problemas físicos de Alberto que sufriu unha leve deshidratación), e Pedreira e Polo acadaban a victoria, nunha regata que dominaron de principio a fin, sin dar opción aos seus rivais.
O domingo o equipo de kaiak-polo acudía ata a localidade pontevedresa de Verducido para disputar a 3ª proba da liguiña galega deste fermoso deporte, acadando a 3ª praza tras derrotar por un axustado 4 a 3 o Rodeira B, tras quedar apeados da final polo Umia por un contundente 6 a 1.
Hernan.jpg

También podría gustarte
Comentarios