Resultados do Grupo Xuvenil na Travesía de Foz

Esté sábado o clube local de piragüismo desprazouse con sete padeeiros a Travesía de Foz(Campionato Galego de travesías), onde atoparon unhas condicións moi duras con vento forte, grandes ondas e algas que dificultaban ós deportistas o seu bo facer.
Os resultados foron os seguintes, en k1 home senior Antonio Polo(bolseiro do Concello de As Pontes), acadaba o posto 20º tras cebarse con el o infortunio, e acabar na auga a causa dunha onda cando estaba a tan só 50m. de cruzar a linea de meta en solitario en 1ª posición, e afundirse a sua piragua.
Tamén en k1 senior Ernesto Gancedo entraba en 29ª posición tras remontar bastantes postos, e Rafael Feijoo acadaba o posto 45º.
En k1 cadete Walisson da Silva non conseguía rematar a regata.
Xa en C1 senior Hernán Fernández acadou a 17ª praza, escoltado por David Vejiga no posto 18º, e Ricardo Estévez acadaba o posto 24º.
Xa na xeral por clubes acadouse un meritorio 11º posto.

También podría gustarte
Comentarios