Amigus
As Pontes

Resultados do Grupo Xuvenil As Pontes no Campeonato Galego de Inverno de Piragüismo

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O Grupo Xuvenil de Piragüismo As Pontes comezou este sábado a temporada de competición no Campeonato Galego de Inverno que se celebrou en Verducido (Pontevedra) sobre a distancia de 5000 metros.
A partcipación do club pontés veuse reducida por varias baixas por lesión e so se puideron desplazar a Verducido catro padexeiros: os cadetes David Tonislavov, Edel del Valle e Diego Paz,que acadaron os postos 24º, 57º e 64º, e o veterán Ernesto Gancedo que rematou de 18º na súa categoría.
Na clasificación por clubes o Xuvenil rematou nunha meritoria 22º posición.
O pontés Antonio Polo, que esta temporada fichou polo Piragüismo Viveiro, gañou o campeonato na categoría de veteráns.
david1.jpg


david2.jpg
Nova cortesía Grupo Xuvenil
Fotos cortesía da Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios