Resultados Grupo Xuvenil As Pontes no fin de semana

Este fin de semana o clube de piragüismo local desprazouse a ta a localidade de Lugo, onde disputou o descenso do Miño de Lugo, con saída en Rábade e chegada en Lugo.
Acudiu con cinco embarcacións, sendo dous k2 senior,un k1 senior e dous C1 senior.
A priorí, a embarcación que máis posibilidades tiña era a de Carlos Pedreira e Antonio Polo, pero nesta ocasión unha avería no seu temón botou o traste tódalas súas posibilidades, tendo que abandoar a regata transcorridos tan só 2,5 kms dos 18 kms. dos que consta.


O k2 senior de Rubén Basanta e Rafael Feijoo o 17º lugar en meta e en k1 senior Alberto Permuy remataba en 27ª posición.
Por outra parte, e xa en C1 senior David Vejiga acadaba o 9º posto, e o seu compañeiro Hernán Fernández a 14ª posición, categoría disputada dende Ombreiro ata Lugo(8kms.)
Por clubes acadábase un meritorio 17º posto dun total de 39 clubes participantes.

También podría gustarte
Comentarios